Nigrán

Nigrán elimina os postes de baixa tensión da rúa San Roque en Camos

O Concello de Nigrán emprendeu esta pasada semana as obras que permitirán eliminar, definitivamente, os postes que invaden aleatoriamente a calzada e beirarrúas da rúa San Roque (Camos) coa conseguinte mellora da seguridade vial e da accesibilidade para peóns e condutores. Así, o Goberno local resolverá entre o mes de febreiro e marzo esta débeda histórica coa parroquia e reiterada dende hai unha década pola Asociación de Veciños 'A Camoesa'. Con anterioridade, e a instancias do Goberno local, telefónica soterrou o seu tendido.

Nigrán aproba, por unanimidade, a moción de UCN sobre melloras da seguridade na PO-325

O pleno da Corporación de Nigrán aprobou por unanimidade, a moción presentada polo portavoz do partido independente Unión Centrista de Nigrán ( UCN), Antonio Fernández Comesaña, pola que se insta á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, para que "mellore de forma urxente a seguridade viaria no tramo urbano que discorre polo municipio de Nigrán da vía autonómica PO-325 de Vigo-Baiona (estrada pola vía)".

Nigrán organiza unha excursión e xantar-baile para os maiores o Día dos Namorados

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade cunha excursión o 14 de febreiro, 'Día dos Namorados', a Vilaboa e Soutomaior e posterior xantar-baile en Redondela. O prazo de inscrición abre o luns 4 de febreiro ás 9:00 horas e pecha o mércores 6, os interesados deberán inscribirse na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán e abonar 17 € (só se permite inscribir a un máximo de 2 persoas por solicitante).

O Concello de Nigrán lamenta o pasamento do exalcalde Modesto Valverde Soto

O Concello de Nigrán, a través dunha nota oficial, lamentou o falecemento de Modesto Valverde Soto, que foi alcalde de 1979 a 1987. O Goberno local, que preside Juan González, anunciou que o municipio gardará tres días de loito oficial, –período no que as bandeiras da Casa do Concello estarán a media hasta– e transmite as súas condolencias a familiares e amigos.

Suscribirse a este canal RSS