Nigrán elimina os postes de baixa tensión da rúa San Roque en Camos

O Concello de Nigrán emprendeu esta pasada semana as obras que permitirán eliminar, definitivamente, os postes que invaden aleatoriamente a calzada e beirarrúas da rúa San Roque (Camos) coa conseguinte mellora da seguridade vial e da accesibilidade para peóns e condutores. Así, o Goberno local resolverá entre o mes de febreiro e marzo esta débeda histórica coa parroquia e reiterada dende hai unha década pola Asociación de Veciños 'A Camoesa'. Con anterioridade, e a instancias do Goberno local, telefónica soterrou o seu tendido.

rua san roque camos 02

A obra, a cargo de Felix y Viñas SLU e cun investimento total de 145.000 euros, foi contratada polo goberno local no 2017, iniciándose a final dese ano a canalización do cableado. "Sen embargo, foi nese momento cando se detectaron graves deficiencias na humanización da segunda fase da rúa en 2013 (da zona de Balinfra cara o Torreiro), circunstancia que retrasou máis do previsto e desexable a eliminación definitiva dos postes que, finalmente, está levando adiante Fenosa a instancias do Concello", explica o edil de Urbanismo, Diego García.

rua san roque camos 03

"Era dunha demanda fundamental dos veciños, xa que os postes dificultan a circulación segura dos vehículos e tamén a dos peóns; non se entende que a rúa permanecese así durante tantos anos”, engade Juan González, alcalde de Nigrán. Así, a eliminación destes obstáculos supón para o Concello de Nigrán un paso máis no seu política de accesibilidade. “O noso compromiso non se vai a quedar aquí e realizaremos máis obras nesta liña”, garante González.