Nigrán aproba o convenio con 'Baisenpulgas' para recollida de animais nas fines de semana

O Concello de Nigrán deu luz verde no pleno ordinario á creación dun convenio coa Asociación Protectora de Animais Baisenpulgas de 5.000 euros que permitará, como aspecto primordial, recoller aos cans e gatos abandonados na fin de semana. A moción do goberno local foi aprobada coa abstención do BNG e o voto en contra de UCN.

Actualmente o Concello de Nigrán presta servizo para cans en colaboración coa Deputación de Pontevedra (CAAN) durante a semana e, na fin de semana, únicamente nos casos considerados urxentes.

Con esta proposta o goberno de Nigrán plantexa manter o convenio coa Deputación e o amplía con Baisenpulgas, entidade que desexa apoiar a tenor da importante labor que ven desenvolvendo na comarca pese aos escasos medios cos que conta.

"Somos conscientes da necesidade de actuacións na fin de semana e de que o animal quede en custodia durante estes días, por iso cremos que asinar un convenio con esta protectora do Val Miñor é a mellor opción para protexer aos animais e, ao mesmo tempo, apoiar o traballo desta entidade que tanto fai altruístamente polos animais na comarca", sinala o alcalde, Juan González. Ademais, o convenio ocuparase tamén dos gatos os 365 días do ano (CAAN non os contempla) e, en caso de que sexa preciso, tamén garantirá asistencia sanitaria urxente a cans e gatos tódolos días do ano.