nadal 2018 nigran

Nigrán

Nigrán inviste 16.000 euros en novos equipamentos deportivos

O Concello de Nigrán vén de investir 15.548 euros —a través das baixas do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra— na adquisición de sendos marcadores electrónicos para os dous campos de fútbol municipais (Condomínguez e Vilariño) e dúas canastras de teito para o Pavillón Municipal de Panxón.

Nigrán inviste 5.000 euros nun parque biosaudable para Priegue

O Concello de Nigrán vén de investir 5.000 euros ao cargo do Plan Concellos 2016 para a construción do que será o primeiro parque biosaudable da parroquia de Priegue, cumplindo así coa petición realizada reiteradamente dende a Asociación de Veciños ‘A Irmandade’ de Priegue.

Oitenta persoas, na cata de chocolates de Nigrán

Oitenta persoas participaron o día 12 de decembro na cata de cocolates que organizaba en Nigrán o proxecto de divulgación científica «Ciudad Ciencia». A participación completaba o cupo de asistentes que tiña prevista esta actividade na que as e os participantes puideron coñecer as propiedades saudables do cohocolate e aprenderon a degustalo "cos cinco sentidos". Onte os e as escolares do municipio tiñan a oportunidade de participar nesta sabrosa actividade.

O Concello de Nigrán recibe as últimas urbanizacións de Porto do Molle

O delegado do Estado, David Regades entregou esta mañá ao alcalde de Nigrán, Juan González, as últimas obras de urbanización do polígono de Porto do Molle realizadas por Zona Franca. Ambos os responsables comentaron as posibilidades de mellora dun parque que xa é a insignia do Val Miñor e onde, unha vez vendidas as parcelas de uso comercial, apenas queda xa superficie dispoñible.

Nigrán dota de equipamentos tecnolóxicos para novas terapias para as persoas con alzhéimer

O Concello de Nigrán vén de facer unha forte aposta polo reforzo na calidade do programa municipal de atención a persoas con Alzhéimer iniciado no 2016 dotándoo de novos equipamentos tecnolóxicos para o seu uso terapéutico. Así, os seus usuarios xa se poden beneficiar dunha sala snoezelen ou sala de estimulación e do software Gradior de rehabilitación neuropsicolóxica.

Nigrán inviste 39.000 euros na mellora do alumeado de Chandebrito

O Concello de Nigrán está actualmente a desenvolver obras de mellora do alumeado público na parroquia de Chandebrito por valor de 38.926 € (Pracíns, Barreira e Rúa Igrexa). Ademais, nunha segunda fase e tras soterrar o cableado, o Concello acondicionará o núcleo rural da rúa da Igrexa sustituíndo o firme de aglomerado actual por lastras (adoquíns) de pedra, obra cun custe de 60.350 € de cara a destacar o valor etnográfico da contorna e, ao mesmo tempo, manter e conservar os viais.

Suscribirse a este canal RSS