Gondomar

Digna Rivas asiste á presentación do mural do IES Auga da Laxe de Gondomar

A deputada de Xuventude e Cohesión Social, Digna Rivas, acompañada polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, asistiu na mañá de hoxe a presentación do mural «Homenaxe ao Guernica» realizado polo alumnado de segundo de bacharelato do IES Auga da Laxe e realizado ao abeiro do DepoRúARTE. Pintando alternativas da Deputación de Pontevedra. Un total de 14 alumnos e alunmas elixiron unha parede na que había unha mostra dun “Guernica” de autor descoñecido, polo que a razón de escoller esta temática foi darlle continuidade á obra preexistente.

Novo mural do «DepoRúARTE» no IES «Auga da Laxe» de Gondomar

A deputada de Xuventude e Cohesión Social, Digna Rivas, acudirá mañá martes ás 10:30 horas ao IES Auga da Laxe de Gondomar onde o alumnado participante presentará un novo mural elaborado no marco do proxecto «DepoRúARTE. Pintando alternativas» da Deputación de Pontevedra. O tema elixido polos e polas estudantes para o mural, realizado en colaboración coa artista Noemí Núñez, foi unha «homenaxe ao Guernica».

Xunta e Concello de Gondomar tratan sobre o transporte metropolitano

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez, recibiron hoxe ao alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e aos representantes da Asemblea Veciñal por un Transporte Digno, que reclaman a incorporación do municipio ao Plan de Transporte Metropolitano.

«GalizAmerica» en Gondomar, a evolución da cultura galega na diáspora durante a dictadura

A exposición «GalizAmérica», unha mostra itinerante sobre a evolución da lingua e a cultura galega na diáspora nos anos da ditadura abriu hoxe as súas portas no Centro de Estudos Miñoranos de Gondomar. No acto estiveron presentes o deputado Xosé Leal, o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira; o presidente do Instituto de Estudos Miñoranos, e unha das comisarias da mostra, Carmen Carreiro, así como a profesora Pilar Cagiao, que realizou un relatorio sobre «O galeguismo no Uruguai».

Manifesto Miñor lamenta que Ferreira "torpedease" o traballo do concelleiro de Urbanismo

O urbanismo en Gondomar está como o tempo: ardendo. O alcalde, o socialista paco Ferreira, sinalaba nestes días na prensa escrita que "haberá un cambio na área de Urbanismo" para evitar "máis atrasos" se ben evitaba entrar na profundidade deses cambios. As declaracións foron cualificadas por Manifesto Miñor (MM), socios de Goberno do PSOE, como "desafortunadas" e aseguraba que eran "froito do nerviosismo político que lle produce a proximidade electoral".

Suscribirse a este canal RSS