Baiona comeza a conta atrás para a 'Festa da Arribada' 2019

O Concello de Baiona, vén de iniciar a conta atrás para a 'Festa da Arribada' 2019 e o fai co spot promocional da festa, cunha visión universal, agrupando a multitude de teorías sobre o descubrimento de América, cunha boa doses de ironía e retranca galega, sen menoscabo de desprezar as distintas teses ao redor do descubrimento. 

arribada 2019 baiona 02O certo, sinalan dende o Concello, "só hai unha verdade indiscutible, Baiona foi o único lugar do planeta dende o que se lanzou para o mundo a gran noticia, pois o realmente importante foi 'Voltar para Contalo'.

Xunto co spot publicitario, o Concello de Baiona da a coñecer a campaña de imaxe do 526 aniversario da Arribada, na que xa se está a traballar dende fai un mes. As datas de celebración serán o 1, 2 e 3 de marzo, sendo o venres 1, festivo local e o día escollido para conmemorar os actos protocolarios da Festa da Arribada.