Último día de inscrición para o certame de canción galega ‘Os Bardos’ de Baiona

Mañá día 30 de xaneiro remata o prazo de presentación de solicitudes para participar no primeiro Certame Mellor Canción Galega 'Os Bardos' que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Baiona, dirixida por María Iglesias Fernández, certame que ten o obxectivo primordial de "impulsar e recoñecer a creación, a diversidade e a calidade da música feita por galegos en lingua galega". 

O Concello de Baiona sinalou o "grande interese" que está a xerar este certame xa que, sinalan "numerosos grupos, solistas e dúos galegos contactaron co Concello para informarse e realizar a súa inscrición".

Trátase dun certame de cancións inéditas en lingua galega, onde se seleccionarán 10 finalistas que participarán nunha Gala que terá lugar no 'Auditorio V Centenario' de Baiona, en datas próximas ao Día das Letras Galegas de este ano, e onde os seleccionados optarán aos seguintes premios:

• Premio 'A Mellor Canción Galega' dotado de 600 €, e ademáis o gañador terá a oportunidade de actuar na programación cultural do Baiverán 2019.
• Segundo Finalista: dotado de 400 €
• Terceiro Finalista: dotado de 250 €.

Recordamos a todas aquelas persoas que poidan estar interesadas que a inscrición pode realizarse ata mañá mércores 30 de xaneiro de 2019, ata as 14:00 h de xeito presencial na oficina de Rexistro do concello, ou ata o final do día na Sede Electrónica.

Dende a Concellería de Cultura do Concello de Baiona, animan "a aqueles solistas, dúos ou grupos que interpreten cancións en lingua galega inéditas, a que se presenten a esta primeira edición do Certame, que esperamos se consolide nun futuro próximo". As bases do Certamen poden consultarse na páxina web do concello: www.baiona.org. A documentación tamén pode descargarse nas seguintes ligazóns: Bases, Solicitude, Anexo I, Anexo II, Anuncio BOPPO.

Para máis información, interesados e interesadas poden dirixirse á Concellería de Cultura do Concello de Baiona no teléfono 986 385 921, ou no enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.