Baiona

Escolares de Baiona protagonizan a inauguración dun poema visual de David Fernández Rivera

Hoxe ás 11:30 h, Baiona acolleu a inauguración do poema visual «Infinito» do poeta vigués David Fernández Rivera na fachada do multiusos Ángel Bedriñana, na rúa Carabela Pinta; unha actividade organizada pola Concellería de Educación do Concello de Baiona, enmarcada dentro do Ano da Lingua da Deputación de Pontevedra e que contou coa colaboración de G.A.G. Plataformas para a instalación do poema.

XX Cross Escolar «Vila de Baiona» o domingo 16 de decembro

O vindeiro domingo día 16 de Decembro, a partir das 10:45 h, terá lugar a vixésima edición do Cross Escolar do Val Miñor, proba de carácter oficial e clasificatorio para o Cross Escolar Provincial e que terá lugar no antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabaris, no concello de Baiona. A competición está organizada pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Concellería de Deportes do Concello de Baiona.

Ciclo de música coral organizado pola asociación cultural «ValVal» de Sabarís

A asociación cultural «ValVal» de Sabarís, no concello de Baiona, vén de organizar un interesante ciclo de concertos de grupos corais na Igrexa Parroquial de Santa Cristina da Ramallosa, iniciativa que conta coa axuda da Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona. O coro do CPI Covaterreña de Baiona será o encargado de abrir este ciclo o vindeiro sábado, 1 de decembro ás 19:45 horas.

A Deputación aproba un novo investimento do Plan Concellos para Baiona

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha nova achega para o concello de Baiona, por un importe total de 167.319,48 euros. Con esta actuación o municipio pontevedrés pecha o Plan Concellos deste ano, ao través do cal o goberno provincial destinoulle 1.582.966 euros, un 76,71 % máis que en 2017.

Baiona organiza un obradoiro de «Xestión das emocións a través do teatro»

A Concellería de Igualdade de Baiona, a través do Centro Municipal de información á muller de Baiona, abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro «Xestión das emocións a través do teatro», unha iniciativa que busca que as participantes desenvolvan o coñecemento de si mesmas e a comunicación, a través das diferentes dinámicas teatrais.

Carmela Silva: “Ningunha outra administración investiu tanto no Val Miñor como a Deputación”

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu a coñecer hoxe, nunha rolda de prensa celebrada no hotel Bahía de Baiona, os investimentos realizados pola administración provincial durante estes tres anos nos tres concellos que conforman o Val Miñor —Baiona, Gondomar e Nigrán—. Non dubidou a presidenta provincial en asegurar que se trataba “do maior investimento da historia da Deputación” e, para os escépticos, engadía que non era unha afirmación gratuíta senón de datos "facilmente comprobables nos orzamentos dos anos 2016, 2017 e 2018”.

Suscribirse a este canal RSS