Patimonio da luz verde á regularización da ampliación do cemiterio de Priegue

Á «Asociación Novo Cemiterio de Priegue» e o Concello de Nigrán comenzaron no ano 2016 a busca dunha solución para regularización da ampliación en 1.262 m2 do cimiterio de Priegue acolléndose á Disposición adicional primeira de regularización de cimiterios, decreto 151/2014 de 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia. Ao non existir documentación que acredite exactamente a súa data de construcción tívose en conta o primeiro enterramento que tivo lugar nel, ocorrido o 28 de decembro de 1987.

Avance para a construción de novas naves en Porto do Molle

Coa firma de onte do contrato co arquitecto Pablo Menéndez, en tres meses a Zona Franca dispoñerá de proxecto definitivo para a construción de novas naves de pequeno e mediano tamaño coas que dar resposta á crecente demanda das pemes para instalarse no parque empresarial Porto do Molle no Concello de Nigrán. Como explicou David Regades, a finais de maio convocarase o concurso dunha obra para os que os orzamentos da entidade reservaron 2.784.554 euros e coa que se dará maiores facilidades de instalación ás empresas que non poidan acometer un gran investimento para o inicio da súa actividade.

Alumnado da Escola de Vela Adaptada do Monte Real reforesta Baiona con árbores autóctonas

Unha vintena de alumnos da Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Iates, acompañados por un grupo de voluntarios, autoridades e membros do club plantaron, este mércores en Baiona, 200 árbores autóctonas. Fixérono co obxectivo de reforestar e devolver vida a un terreo próximo á Virxe da Roca, un dos monumentos máis destacados da vila mariñeira, que quedara calcinado na vaga de incendios rexistrada en outubro de 2017.

O Concello de Baiona cancela a conferencia de Sánchez Dragó

O Concello de Baiona, nun escueto comunicado, vén de informar da cancelación da conferencia que tiña previsto impartir Fernando Sánchez Dragó, baixo o título «¡Y allá, a su frente Estambul!» o xoves 16 de maio, dentro do VII Ciclo de Conferencias dos Pobos Colombinos de España-526 Aniversario da Arribada. A charla de Sánchez Dragó foi criticada, dende o momento en que se fixo pública a súa participación, por diversos colectivos, partidos e asociacións.

Nigrán Decide comeza o proceso para formar a súa candidatura

Nigrán Decide iniciou o proceso de elaboración da candidatura que se vai presentar ás eleccións municipais de maio. A formación pretende que a candidatura para as eleccións municipais de 2019 sexa elaborada por consenso, formando un equipo de traballo homoxéneo. Ademais, preténdese que a candidatura sexa paritaria por xénero, os postos de mulleres e de homes deberán ser alternos, representativa de todas as parroquias e con presenza importante da mocidade de Nigrán.

Baiona presentou a campaña «Agresión OFF, eu digo non á violencia sexual»

O Concello de Baiona presentou hoxe a campaña «Agresión OFF, eu digo non a violencia sexual” nun repleto salón de actos do CPI Cova Terreña. A campaña está enmarca como unha liña de actuación da área de prevención no Pacto de Estado contra a violencia de xénero e busca sensibilizar á cidadanía, especialmente ao sector máis novo, ante a celebración inminente dunha festa de participación multitudinaria como é a Festa da Arribada.

Suscribirse a este canal RSS