Ardán realizará un estudo específico do sector agro do Baixo Miño

Nunha reunión mantida coas alcaldesas do Rosal e de Tomiño e o alcalde da Guarda, co delegado de Zona Franca, Regades comprometeuse a colaborar co sector agrícola do Baixo Miño xa que “temos que considerar a este sector primario como un sector empresarial de gran importancia para Galicia pola súa gran capacidade de xerar negocio e, o que é máis importante, pola súa capacidade de fixar poboación e coidar do territorio”

Porto do Molle, centro piloto do programa de reutilización de augas domésticas coma fertilizante

A reutilización das augas domésticas para o seu uso como fertilizantes agrícolas así como a mellora na depuración de augas residuais en pequenos núcleos de poboación foi o tema que centrou a xornada celebrada no Centro de Negocios de Porto do Molle e que clausuraron o delegado, David Regades, e o alcalde de Nigrán, Juan. A González, no marco do proxecto europeo «Run4 life: recuperación e utilización de nutrientes para fertilizantes de baixo impacto».

  • Publicado en Nigrán

Medio cento de empresarios e emprendedores reciben as acreditacións como expertos en comunicación dixital

Desenvolver unha estratexia de comunicación comercial e un plan de márketing online, conseguir posicionar a marca e a empresa en redes sociais e optimizar as comunicacións entre os membros dun equipo de traballo foi o contido dun curso impartido pola Fundación Incyde realizado durante o último trimestre nas sedes dos viveiros que xestiona Zona Franca na Granxa e en Porto do Molle ao que asistiron máis de medio centenar de emprendedores e empresarios.

  • Publicado en Nigrán

A Guarda e Zona Franca abren vías de colaboración

O delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, realizou hoxe sábado 6 de outubro, a primeira visita institucional ao Concello da Guarda, onde foi recibido polo alcalde, Antonio Lomba e a Corporación local. Regades, que asinou no Libro de Honra do Concello, mantivo posteriormente unha xuntanza de traballo na que se trataron diversos temas para tender lazos de colaboración institucional entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello da Guarda.

Nigrán e Zona Franca rehabilitarán o muíño de Porto do Molle

O muíño de Porto do Molle, unha das construcións tradicionais máis grandes da comarca, que dende hai máis de trinta anos permanecía abandonado e en estado ruinoso a carón do río Muíños, será recuperado logo do acordo acadado entre o Concello e a Zona Franca que asumirá o proxecto básico que elaborou o arquitecto Francisco Márquez Taín no ano 2013 con motivo da construción do parque empresarial e que cifra a intervención en 174.000 €

  • Publicado en Nigrán

Zona Franca deseña novas naves modulares en Porto do Molle

De cara a responder á crecente demanda das pemes da contorna, o Consorcio da Zona Franca ha adxudicado esta semana ao estudo do arquitecto Pablo Menéndez a redacción do proxecto de novas naves no parque empresarial de Porto do Molle. Estas construcións, que se levantarán sobre dúas parcelas situadas fronte ao Centro de Negocios, combinarán o espazo de naves e talleres co de oficinas e terán uns tamaños que oscilarán entre os 300 e os 500 m2.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS