O BNG esixirá no Parlamento que se manteña aberta a escola de San Mateo

O deputado do BNG no Parlamento Galego, Luís Bará, mantivo un encontro coa comunidade escolar de San Mateo de Oliveira para trasladarlles a proposta que os nacionalistas defenderon hoxe xoves no Parlamento para manter aberta a aula no vindeiro curso 2019/2020 e que sexan aceptadas as solicitudes de escolarización das familias.

Ponteareas da a coñecer o primeiro informe técnico de patoloxías do mercado municipal

O alcalde de Ponteareas, Xosé REpresas, a tenente de alcalde, Chus Garrote e a concelleira de Comercio, Inés Vidal, presentaron ás e aos praceiros do mercado municipal o anteproxecto de rexeneración destas instalacións e o dictame técnico sobre o informe de pataloxías, encargados en abril do ano 2018 conscientes da necesidade de potenciar o mercado municipal e das súas carencia estruturais.

O venres remata o prazo para os 43 postos de traballo que oferta Ponteareas

O Concello de Ponteareas vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que o vindeiro venres, 22 de marzo, remata o prazo para presentar na oficiña de emprego a documentación de acceso aos 43 postos de traballo que se ofertan dentro do 'Plan Concellos' no que, concello e Deputación de Pontevedra, destinan máis de 600.000 euros á contratación de persoas desempregadas.

Ponteareas homenaxea ás súas mulleres

O concello de Ponteareas homenaxeou o domingo, 17 de marzo, a un grupo de mulleres, propostas por colectivos e asociacións veciñais, nas que se quería representar a todo o colectivo de mulleres do municipio. A iniciativa enmarcábase dentro das programadas polo Concello con motivo do Día da Muller. O Goberno local, no acto público celebrado no Auditorio Municipal, agradeceu "o traballo e exemplo de esforzo" das mulleres ponteareás.

O alumnado de Ponteareas reforestará o monte con 500 árbores

Con motivo do día da árbore a Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, que dirixe Cristina Fernández, e a Concellería de Medio Ambiente, xestionada polo alcalde Xosé Represas, traballarán con todos os centros educativos de Ponteareas para render homenaxe á natureza e ás nosas árbores autóctonas. Por cuarto ano consecutivo o alumnado ponteareán reforestará os montes comunais en man común con carballos, castiñeiros, cerdeiras, bidueiros, nogueiras e pradeiros.

Suscribirse a este canal RSS