A Guarda pecha importantes contactos na FairWay 2019

O Concello da Guarda participou ao longo das xornadas do luns e martes no maior foro sobre os Camiños de Santiago, a FairWay celebrada no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Despois da visita Famtrip ao Castro de Santa Trega do pasado xoves día 7 de febreiro, a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes e a Técnico de Turismo, Rosalía Verde, participaron en numerosas reunións con representantes de empresas e institucións de cara a promover iniciativas sobre o Camiño Portugués da Costa.

  • Publicado en A Guarda

O Camiño Portugués da Costa obxecto dunha 'FamTrip'

O pasado xoves día 7 de febreiro un grupo de representantes de axencias de viaxes, tour operadores e periodistas especializados nos Camiños de Santiago visitaron o Castro de Santa Trega na Guarda dentro dunha Famtrip enmarcada na celebración da terceira edición da Feira Fairway, que arranca xa este luns en Santiago de Compostela.

  • Publicado en A Guarda

Tomiño e Cerveira salientan o papel dun territorio común coma factor de atracción turística

Borrar a noción de fronteira entre Galiza e Portugal, ofrecendo o Territorio Río Miño coma un produto único, resultará estratéxico á hora de atraer turistas. Nesta idea base coincidiron tanto os alcaldes de Cerveira e Tomiño (Fernando Nogueira e Sandra González, respectivamente), coma o director da AECT Río Miño (Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño), Uxío Benítez, durante a inauguración das xornadas “O turismo no contexto transfronteirizo Cerveira-Tomiño”, celebradas hoxe no Castelo de Vila Nova de Cerveira.

  • Publicado en Tomiño

Tui inicia a redacción do Plan Director e Estratéxico de Turismo

Tui contará no prazo de dous meses e medio cun Plan Director e Estratéxico de Turismo que marcará un cronograma de actuación no período 2019-2022. Partindo da actual situación, que será analizada durante estas primeiras semanas, realizará unha análise da situación actual co perfil do visitante, a oferta, o mercado e os competidores, redactará un informe DAFO, establecerá os retos e liñas estratéxicas a seguir, e concluirá co deseño de plans de acción e produtos prioritarios.

  • Publicado en Tui

Digna Rivas denuncia “o abandono” da Oficina de Turismo Municipal de Redondela

Digna Rivas, candidata do PSdeG-Redondela á alcaldía de Redondela, gabou hoxe a presenza do Concello de Redondela na Feira Internacional do Turismo, FITUR 2019 que se celebra en Madrid, aínda que asegurou non entender “a contraditoria política que en materia de Turismo segue o Goberno local de Javier Bas” que por unha banda pretende potenciar os recursos turísticos do municipio “fora das nosas fronteiras, mentres que, de portas adentro, mantén no máis absoluto abandono a Oficina de Turismo Municipal”.

A Guarda renova o Compromiso de Calidade Turística SICTED

O Concello da Guarda ven de recibir a notificación da concesión, un ano máis, do distintivo do Plan de Calidade SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos), distintivo que busca o obxectivo común para todos os que forman parte do destino turístico “Provincia de Pontevedra-Rías Baixas”, de crear un destino de calidade para ser competitivo e estar á altura dos principais destinos turísticos. A renovación deste distintivo entregarase no transcurso da Gala de Turismo que se celebrará no vindeiro mes de marzo.

  • Publicado en A Guarda

A Guarda amosará todo o seu potencial turístico en FITUR

Un ano máis, o Concello da Guarda estará presente na Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano celebra, do 23 ao 27 de xaneiro, a súa trixésimo novena edición. O concello guardés promocionará o seu potencial turístico no stand de Turismo de Galicia e, o xoves ás 12 horas, tamén estará presente no acto organizado pola Deputación de Pontevedra onde se promocionará o Destino Rías Baixas como Destino gastronómico dentro da campaña 'Fame de Experiencias'.

  • Publicado en A Guarda

A Deputación encherá Fitur de 'Fame de Experiencias'

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, e ao chef Pepe Solla, deron a coñecer esta mañá as liñas mestras de 'Fame de Experiencias', a campaña turística que este ano promoverá a provincia de Pontevedra e terá como pistoletazo de saída a Feira Internacional de Turismo, Fitur, en Madrid.

Suscribirse a este canal RSS