'Invisibles', a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas

Redrum Producciones de Santiago de Compostela presenta este venres, 15 de febreiro, ás 21:30 h no Teatro Municipal de Tui, Invisibles, unha peza que presenta historias reais de mulleres galegas vítimas de malos tratos unidas polo fío común da violencia de xénero. Marián Bañobre dirixe o elenco formado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez.

  • Publicado en Tui

Tui recupera un tractor para Obras e Limpeza logo de 10 anos en desuso

A concellería de Seguridade Cidadá, Fomento e Protección Civil do Concello de Tui, que dirixe Antonio Castro, deu conta da posta en funcionamento hai un días dun tractor Kubota, propiedade municipal, que levaba unha década parado nas instalacións municipais. O vehículo pasa a ser empregado xa polo Servizo de Obras e Limpeza nas súas tarefas tras cambiarlle as cubertas das rodas, e pasarlle a correspondente Inspección Técnica de Vehículo.

  • Publicado en Tui

Tui inicia a redacción do Plan Director e Estratéxico de Turismo

Tui contará no prazo de dous meses e medio cun Plan Director e Estratéxico de Turismo que marcará un cronograma de actuación no período 2019-2022. Partindo da actual situación, que será analizada durante estas primeiras semanas, realizará unha análise da situación actual co perfil do visitante, a oferta, o mercado e os competidores, redactará un informe DAFO, establecerá os retos e liñas estratéxicas a seguir, e concluirá co deseño de plans de acción e produtos prioritarios.

  • Publicado en Tui

En marzo iniciaránse as obras de reconstrución de vivendas da Zona Cero de Paramos

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reuniuse este mediodía con Salvador García, Lupe Pérez e Pablo González da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, na véspera de cumprirse sete meses da explosión no barrio da Torre. No encontro participaron tamén o arquitecto e a traballadora social asignados ao centro de afectados en Guillarei.

  • Publicado en Tui

O PP de Tui avoga polo consenso na rehabilitación do Teatro Principal

O Partido Popular de Tui vén de sinalar que a rehabilitación do Teatro Principal da cidade fronteiriza esixe "un acordo plenario que teña o apoio unánime do tódolos grupos municipais co fin de poñer en valor este símbolo da cultura tudense e desterrar a actual imaxe do edificio na paisaxe do noso Conxunto Histórico". A adquisición do Teatro Principal por parte do Concello de Tui mediante acordo unánime do pleno da corporación municipal á Fundación Teatro Principal, "implica que este inmoble pasa a ser de titularidade municipal e polo tanto unha responsabilidade de todos".

  • Publicado en Tui

Unha nai e o seu fillo, trasladados ao Cunqueiro por inhalación de gases

Unha nai e un fillo foron trasladados esta mañá ao hospital Álvaro Cunqueiro logo de sufrir unha intoxicación por inhalación de monóxido de carbono na súa vivenda. Polo momento, descoñécese os motivos que causaron a intoxicación á espera que os técnicos da empresa subministradora de gas faga unhna revisión no interior do domicilio. A persoa que alertou ao 112 Galicia para pedir axuda, na vivenda concentrouse moito fume aínda que a cociña de leña estaba apagada.

  • Publicado en Tui
Suscribirse a este canal RSS