Sandra González preséntase oficialmente como candidata á alcaldía de Tomiño polo BNG este sábado

Este sábado 23 de marzo Sandra González presentará en acto público no Auditorio de Goián, ás 20:30 horas, a súa concorrencia como candidata á alcaldía de Tomiño para as vindeiras eleccións locais de maio. Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e Miguel Anxo Fernández Lores, actual alcalde de Pontevedra e candidato á alcaldía da cidade, arrouparán á candidata neste acto público.

  • Publicado en Tomiño

Pepe Carreiro presentou en Tomiño unha nova aventura dos Bolechas

O creador dos ‘Bolechas’, Pepe Carreiro, acompañado pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e as concelleiras de Medio Ambiente e Cultura, María Xosé Vázquez e Cristina Martínez, respectivamente, presentou na mañá de hoxe na Casa do Concello a súa guía ‘Os Bolechas limpan Tomiño’. A través dun detallado percorrido polo municipio, Os Bolechas amosan, a través de sinxelos textos e magníficas ilustracións, a necesidade de manter o medio natural limpo de lixo e como se pode contribuír a protexer o entorno a través da reciclaxe e a compostaxe.

  • Publicado en Tomiño

Ardán realizará un estudo específico do sector agro do Baixo Miño

Nunha reunión mantida coas alcaldesas do Rosal e de Tomiño e o alcalde da Guarda, co delegado de Zona Franca, Regades comprometeuse a colaborar co sector agrícola do Baixo Miño xa que “temos que considerar a este sector primario como un sector empresarial de gran importancia para Galicia pola súa gran capacidade de xerar negocio e, o que é máis importante, pola súa capacidade de fixar poboación e coidar do territorio”

Tomiño inicia a Programación de Primavera con teatro, música, exposicións, cursos e obradoiros

Cun programa de actividades transversal e integrador, no que se lle dá cabida a todas as citas culturais, deportivas e de voluntariado, así como as dirixidas á mocidade, á infancia e ao público en xeral, chega a nova Axenda de Primavera 2019 do Concello de Tomiño. A programación aglutina todas as actividades organizadas no municipio para o vindeiro trimestre, coa fin de facilitar a difusión e traballar dun xeito planificado para conseguir que toda as actividades preparadas teñan a mellor aceptación posible.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño traballa nun plan de accesibilidade para persoas con autismo

O Concello de Tomiño traballa nun plan de accesibilidade para persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA). Trátase, concretamente, de confeccionar un plan de comunicación a través de pictogramas (debuxos sinxelos e esquemáticos descritivos da realidade) que se levará a cabo en todos os colexios de Educación Primaria e Infantil do municipio. No caso de Tomiño, as persoas afectadas  por este trastorno e diagnosticadas, ascenden a 13 pero calcúlase que hai bastantes máis sen diagnosticar.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño e Cerveira piden facilitar o desprazamento de menores na zona da fronteira

As Valedoras Transfronteirizas Cerveira-Tomiño, órgano que tenta garantir a defensa dos dereitod e intereses dos residentes como cidadáns europeos transfronteirizos, veñen de presentar un informe que busca conseguir a eliminación das barreiras de mobilidade transfronteiriza da infancia e mocidade. Piden, entre outras cousas, "estudar medidas excepcionais que adapten os requisitos de autorización sobre mobilidade transfronteiriza de menores ás novas realidades sociais e administrativas de nivel local".

  • Publicado en Tomiño

A Xunta elixe tomiño para pechar o programa “21 días co galego e +”

A Secretaría Xeral de Política Lingüística escolleu Tomiño para pechar a campaña “21 días co galego e +”, un programa impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova, e no que participaron so catro institutos de ensino secundario de Galicia, entre eles, o de Tomiño.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño e Cerveira salientan o papel dun territorio común coma factor de atracción turística

Borrar a noción de fronteira entre Galiza e Portugal, ofrecendo o Territorio Río Miño coma un produto único, resultará estratéxico á hora de atraer turistas. Nesta idea base coincidiron tanto os alcaldes de Cerveira e Tomiño (Fernando Nogueira e Sandra González, respectivamente), coma o director da AECT Río Miño (Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño), Uxío Benítez, durante a inauguración das xornadas “O turismo no contexto transfronteirizo Cerveira-Tomiño”, celebradas hoxe no Castelo de Vila Nova de Cerveira.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS