O Camiño Portugués da Costa obxecto dunha 'FamTrip'

O pasado xoves día 7 de febreiro un grupo de representantes de axencias de viaxes, tour operadores e periodistas especializados nos Camiños de Santiago visitaron o Castro de Santa Trega na Guarda dentro dunha Famtrip enmarcada na celebración da terceira edición da Feira Fairway, que arranca xa este luns en Santiago de Compostela.

  • Publicado en A Guarda

Hostaleiros e comerciantes de Oia recibirán clases de inglés gratuítas

O Concello de Oia vén de anuncar a organización dun curso gratuíto para a mellora das competencias de lingua inglesa dirixido expresamente a profesionais da hostalería e o comercio do municipio. Como todas as iniciativas deste tipo, as prazas son limitadas, polo que interesados e interesadas deberán inscribirse canto antes. 

  • Publicado en Oia

Tui reafirmase como destino turístico de calidade

As preto de 34.000 persoas que, este verán pasaron pola Oficina Municipal de Turismo de Tui, reafirman á cidade fronteiriza como un dos destinos favoritos das persoas que visitan Galicia. Estas son as cifras recollidas neste punto de información turística ao longo dos meses de xuño, xullo e agosto contabilizando tanto o número de turistas coma de peregrinos. Son preto de 2 mil persoas máis que no mesmo período de 2016.

  • Publicado en Tui

Baiona amplia as visitas «Xoves no Camiño» ata Santa Cristina de Sabarís

A iniciativa do Concello de Baiona denominada «Xoves no Camiño» que ten como finalidade dar a coñecer o paso do Camiño Portugués pola Costa por Baiona, vén de ser ampliada ata a igrexa de Santa Cristina de Sabarís, logo da boa acollida por parte dos participantes. A Concellería de Turismo organiza, este ano, un programa completo de rutas por Baiona co obxectivo de pór en valor o patrimonio cultural e artístico.

  • Publicado en Baiona

Baiona incrementa o número de peregrinos de paso nun 40% respecto ao 2016

A Oficina de Turismo do Concello de Baiona recibiu ata o pasado 31 de xullo un total de 1.170 peregrinos que percorren a ruta xacobea polo Camiño pola Costa, o que representa un aumento do 40 % sobre as cifras recollidas no mesmo período do ano pasado, cando pasaran polas instalacións municipais 718 camiñantes. Ao longo do ano 2016, o número de peregrinos que visitaron a Oficina de Turismo foi de 1.640, dos que 405 procedían do territorio nacional e 1.235 foron estranxeiros (75% do total).

  • Publicado en Baiona

A Xunta rexeita o proxecto do Camiño da Costa por Baiona

O proxecto da Deputación de Pontevedra para a «Mellora da mobilidade peonil e da seguridade viaria nas EP-2202 e EP-2203 que coinciden co Camiño de Santiago pola Costa» no Concello de Baiona vén de ser rexeitado pola Xunta de Galicia. A Dirección xeral de Patrimonio emitiu un informe desfavorable que esixe que a senda peonil prevista na actuación cun ancho de 2,5 metros sexa reducida a “non moito máis dun metro”. A chegada do informe autonómico, vén de cancelar a sinatura do convenio entre a institución provincial co Concello de Baiona, que estaba prevista para o vindeiro mércores, coa intención de sacar a licitación o proxecto e iniciar as obras canto antes.

  • Publicado en Baiona

Baiona inicia o programa de visitas guiadas gratuítas pola Ruta Xacobea

O Concello de Baiona, a través da Oficina de Turismo, comeza hoxe xoves, 20 de xullo, a iniciativa «Xoves no Camiño», programa para dar a coñecer o paso do Camiño Portugués pola Costa polo municipio. A Concellería de Turismo organiza este ano un programa completo de rutas por Baiona co obxectivo de por en valor o patrimonio cultural e artístico. Por unha banda, celébranse as visitas habituais polo centro histórico a partir do 15 de xullo e ata o 30 de agosto. Serán os mércores e sábados, ás 11:00 horas, dende a Oficina de Turismo. Son gratuítas e non é necesaria a inscrición previa.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS