Ribadetea quere recuperar as súas «Perriñas» tradicionais do Entroido

De seguro, grande parte das persoas maiores de trinta anos desta parroquia e das dos redores, recorda de neno saír as “perriñas” no entroido, pero o certo é que dende fai muitos anos, as “perriñas” desapareceron das rúas e camiños de Ribadetea. Jhonathan Zúñiga e Alex Álvarez, coa colaboración da AA.VV San Xurxo de Ribadetea, decidiron este ano facer unha pequena saída no domingo de entroido vestidos coa tradicional roupa vella de perriña e percorrer parte da aldea.

A Deputación adxudica a mellora da estrada Pazos-Ponteareas ao seu paso por Ribadetea

As obras de mellora da seguranza viaria para 2,2 quilómetros da estrada EP-2703 ente Pazos e Ponteareas ao seu paso pola localidade de Ribadetea, no concello de Ponteareas, acaban de ser adxudicadas formalmente pola Deputación á empresa Civis Global por presentar a mellor oferta de entre as 16 firmas aspirantes. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez destaca que o orzamento de adxudicación foi finalmente de 580.169,39 euros. Os traballos deben comezar antes do verán e, unha vez que comecen, terán unha duración de seis meses.

Ribadetea acolle unha reunión informativa sobre o PXOM

A Asociación de Veciños de San Xurxo de Ribadetea, no concello de Ponteareas, vén de convocar á veciñanza da parroquia para unha reunión que terá lugar o vindeiro 4 de xaneiro, ás 20 horas, no Centro Cultural de Ribadetea, para dar explicar, polo miúdo, os cambios sufridos polo novo Plan Xeral e, ao mesmo tempo, estudar posibles alegacións e solucións.

 

Setecentas sinaturas respaldan a petición de saneamento para Ribadetea

Na mañá de hoxe, representantes da Plataforma para o Saneamento de Ribadetea, presentaron no rexistro do Concello casi 700 sinaturas recollidas entre os veciños da parroquia respaldando un escrito dirixido á Augas de Galicia no que reclaman o saneamento para toda a parroquia. Cabe salientar o elevado número de sinaturas recollida se se ten en conta que Ribadetea conta cun censo de 900 habitantes e só se recolleron sinaturas entre a veciñanza maior de idade. 

Ponteareas reclama á Xunta un proxecto de saneamento para toda a parroquia de Ribadetea

A Corporación de Ponteareas por unanimidade, decidiu reclamar á Xunta de Galicia que asuma o proxecto de saneamento integral para a parroquia de Ribadetea. Os representantes da plataforma veciñal, da que forman parte a comunidade de montes, as comunidades de augas e a asociación de caza ademais da propia veciñanza, expuxeron no pleno ordinario celebrado o pasado martes "a necesidade urxente de planificar unha obras de saneamento para que chegue a todas as casas rexeitando deste xeito a proposta do Goberno anterior que non chegaba nin ao 10% dos fogares".

Ribadetea mobilízase polo saneamento

A Plataforma polo Saneamento de Ribadetea, convocou ós veciños desta parroquia a unha reunión, para dar conta das xestións realizadas durante os últimos meses. A xuntanza tivo lugar onte domingo, 16 de setembro, no Centro Cultural e a veciñanza secundou o chamamento, asistinto á reunión de xeito masivo. Houbounanimidade na necesidade de dotar á parroquia desta infraestrutura básica, así como no apoio ó traballo que ven desenvolvendo a plataforma.

Ribadetea reclama o compromiso dos grupos políticos nun proxecto de sanemento integral da parroquia

Unha vez pasado o perído estival a Plataforma Veciñal para o Saneamento de Ribadetea, retoma o seu traballo para conseguir o obxectivo de dotar a esta parroquia coa infraestrutura básica para o tratamento de augas residuais. A Plataforma mantivo xa varias reunións cos grupos políticos municipais para explicarlles a necesidade e a prioridade de saneamento para una parroquia con 900 habitantes que limita coa ribeira dereita do rio Tea, nun percorrido de 4 quilómetros nunha área de especial protección, pertencente a Rede Natura 2000.

Suscribirse a este canal RSS