Tomiño acolle unha estudante alemá en prácticas durante tres meses

Jessica Schröeder chegará ao Concello de Tomiño a vindeira semana desde Alemaña. Esta estudante universitaria da carreira de Administración Pública, realizará as súas prácticas no Concello de Tomiño, a través dun programa europeo. No marco dos seus estudos de Administración Pública na Universidade de Kehl (Alemaña), a estudante elixiu realizar as súas prácticas obrigatorias no Concello de Tomiño, aproveitando a existencia dun convenio de colaboración entre ambas as entidades.

  • Publicado en Tomiño

A Guarda ofrece catro prazas para a realización de prácticas laborais

O Concello da Guarda, ao abeiro da convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral realizada pola Deputación de Pontevedra, ofrecerá catro prazas para persoas con titulación universitaria en Enxeñería de Edificación ou Arquitectura Técnica; Ciencias da Actividade Física e do Deporte; Ciencias Políticas e da Administración e Historia ou Xeografía e Historia.

Catrocentos mozos e mozas adquirirán experiencia co Plan de Práctica Laboral da Deputación

Catrocentos mozos de mozas da provincia poderán adquirir experiencia laboral grazas ao Plan de Práctica Laboral 2016 que hoxe presentou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Silva lembrou que o emprego "é unha prioridade absoluta do novo Goberno da institución" e engadiu que “desde que comezamos a gobernar, hai 9 meses, contratamos a 3.312 persoas”

Suscribirse a este canal RSS