Ponteareas destinará 50.000 euros a solucionar o problema de exceso de licenzas de taxis

O Goberno local de Ponteareas presentará no vindeiro Pleno da Corporación, que se celebrará o martes 19, unha proposta para aprobar unha partida económica de 50.000 euros destinada a amortizar licenzas de taxi mediante subvención. Xosé Represas, alcalde de Ponteareas, subliña que "é a primeira vez que se dá solución a este problema que se arrastra xa dende hai moitos anos".

Ponteareas acolle o Campionato Galego de Bádminton Sub 11 e Sénior

Ponteareas acolle, esta fin de semana, o Campionato Galego de Bádminton para as categorías Sub 11 e Sénior, converténdose xunto con Ourense, A Coruña e A Estrada nun dos concellos que albergarán nesta tempada un campionato galego. Este campionato foi presentado na Casa Consistorial polo concelleiro de Deportes, Benito Márquez; o presidente do Club Bádminton de Ponteareas, Víctor Lemos, e polo presidente do Club Escola Rosalía de Vigo, Jesús Gómez.

Ponteareas recoñece traballo da ciclista Desirée Duarte

A semana pasada, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, recibiron no Salón de Plenos da casa consistorial á ciclista ponteareá Desirée Duarte, campiona absoluta feminina no Campionato de España de Enduro 2018. Desirée estivo rodeada tamén polos representantes das casas comerciais de Biziebike, Don Disfraz e Bo Papel, que son patrocinadores que apoian durante todo o ano a súa carreira deportiva.

CxG amosa a súa preocupación pola situación da seguridade cidadá en Ponteareas

Compromiso condenou hoxe os delitos que está a sufrir Ponteareas que, segundo a formación galeguista, son "numerosos roubos, altercados vandálicos e timos, tanto no rural como no casco urbano", polo que solicitan ao Goberno a que elaboren un plan de seguridade, "no que se coordinen todas as forzas do orde para combater estes momento de inseguridade cidadá que estamos a sufrir no concello".

Nace o 'Club Deportivo do Barral' coa intención de fomentar o deporte nas escolas

Este martes 13 de febreiro o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a primeira tenente de alcalde, Chus Garrote; o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, e outros membros do Goberno ponteareán recibiron no salón de plenos do Concello á directiva do recen creado Club Deportivo do Barral, unha entidade deportiva que naceu en decembro de 2018 coa intención de fomentar a difusión do deporte nas escolas entre os adolescentes de cara a mellorar a cohesión social e contribuir aos obxectivos de integración social e loita contra a discriminación.

A Casa Cultural de Arcos acolle, este sábado, unha charla sobre o colesterol

Este sábado día 16, ás 20 horas, a Casa Cultural de Arcos acolle unha conferencia que, baixo o título O colesterol, un grande descoñecido, correrá a cargo do veciño da parroquia e bioquímico, Jose Manuel Rodríguez Rodríguez. Na súa chalr, Rodríguez falará sobre a investigación científica no eido da saúde e o colesterol como un factor de risco nas enfermidades cardiovasculares e exporá os retos e avances científicos para combater a principal causa de morte no primeiro mundo.

Ponteareas acolle a presentación das candidaturas do PP do Condado

O Auditorio Reveriano Soutullo de Pontareas acollerá, o sábado 16 de febreiro ás 13 horas, o acto de presentación das candidaturas ás alcaldías de Ponteareas, Belén Villar; Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel; Mondariz, Ana Corredoira; Mondariz Balneario, José Antonio Lorenzo e As Neves, Emilio Castro, nun acto que contará coa presenza do presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo e o presidente dos populares pontevedreses, Alfonso Rueda.

Suscribirse a este canal RSS