A Deputación aprobará mañá unha achega de preto de 160.000 euros para Salvaterra

O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou hoxe da aprobación o venres pola Xunta de Goberno da Deputación dun investimento para Salvaterra de Miño con cargo á Liña 1 do Plan Concellos de 2019. En concreto, serán 157.197,46 euros cos que a vila poderá financiar a reposición de céspede no campo de fútbol de O Casal. Este ano a institución provincial pon a disposición de Salvaterra de Miño ao través do Plan un total de 756.382,79 euros, un 3,32% máis que no 2018.

A Guarda segue apostando pola posta en valor do seu patrimonio histórico e monumental

A Guarda ven de instalar 15 paneis informativos con fotografías e informacións de interese sobre monumentos e fitos históricos da vila grazas a unha subvención con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, unha actuación que supón unha nova aposta polo traballo que o Concello desenvolve de cara a poñer en valor todo o seu potencial histórico e monumental.

  • Publicado en A Guarda

O BNG de Redondela pide investir en Saneamento os fondos do Plan Concellos

Mediante unha moción que se debaterá no Pleno ordinario de xaneiro, o portavoz municipal do BNG, Xoán Carlos González, pedirá que os máis de 800.000 euros da liña 1 (investimentos) do Plan Concellos 2019, "adíquense íntegramente para a ampliación da rede de saneamento". A gran demanda veciñal "dun servizo de primeira necesidade" e a dinámica do Goberno local de "reducir a mínimos históricos" a inversión de saneamento, son os dous motivos que, segundo González, impulsan a presentación desta moción.

O Rosal financiará a adquisición dun vehículo para recollida de lixo co Plan Concellos

O deputado de Cooperación, Carlos Font, informou da aprobación o próximo luns, pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, do primeiro investimento para O Rosal con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, serán 142.000 euros para financiar a adquisición dun vehículo para a recollida de lixo. Neste ano 2019, ao abeiro do Plan Concellos, o Goberno provincial pon a disposición do Rosal un total de 583.312,29 euros, un 3,11% máis que no 2018.

  • Publicado en O Rosal

Preto de 2,5 millóns para oito concellos a través do Plan Concellos 2019

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar novos investimentos nun total de oito municipios da provincia no marco da liña 1 do Plan Concellos. Trátase dun total de dez partidas por un total de 2.393.963,5 euros para diversas actuacións en oito municipios da provincia entre os que se atopan As Neves e Salceda de Caselas, amais da Estrada, Marín, Barro, Caldas de Reis e Moaña.

Mondariz segue apostando pola mellora do saneamento ás parroquias no Plan Concellos

O Concello de Mondariz vén de dar conta do investimento de preto de 250.000 euros do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra en tres obras de saneamento que permitirán seguir afondando no obxectivo de dotar ao maior número posible de núcleos urbanos deste servizo básico. Polo miúdo, os traballos a desenvolver nos vindeiros meses centraranse en barrios de Mouriscados e Vilasobroso, o que permitirá que preto de 350 veciños e veciñas poidan dispoñer de rede de saneamento nas súas vivendas.

  • Publicado en Mondariz

Arbo mellorará a pavimentación do acceso a Paravedra, Mourentán

O Concello de Arbo, ten concedida unha subvención no Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra –Liña Investimentos–, con destino ao financiamento do 100% do investimento para a obra 'Acceso a Paravedra', cun importe total de 70.545,21 €. A obra permitirá a ampliación do vial existente para facer posible o paso de vehículos polo mesmo. Os traballos realizanse por mor do mal estado do vial mencionado onde o firme atopase deteriorado e con fochancas en diversas zonas o que perigoso o paso de vehículos é peons.

  • Publicado en Arbo
Suscribirse a este canal RSS