Pepe Carreiro presentou en Tomiño unha nova aventura dos Bolechas

O creador dos ‘Bolechas’, Pepe Carreiro, acompañado pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e as concelleiras de Medio Ambiente e Cultura, María Xosé Vázquez e Cristina Martínez, respectivamente, presentou na mañá de hoxe na Casa do Concello a súa guía ‘Os Bolechas limpan Tomiño’. A través dun detallado percorrido polo municipio, Os Bolechas amosan, a través de sinxelos textos e magníficas ilustracións, a necesidade de manter o medio natural limpo de lixo e como se pode contribuír a protexer o entorno a través da reciclaxe e a compostaxe.

  • Publicado en Tomiño

«Os Bolechas» en Ponteareas

Alumnado de primaria toda a comarca do Condado e cativos e cativas de todos os concellos poden xa achegarse á carpa instalada na praza da Música de Ponteareas —enriba do auditorio— para aprender xogando cos Bolechas. A exposición «Gatiños, Ghatiñas, Gatíos» foi inaugurada polo alcalde de Pontearas, Xosé Represas, acompañado polo deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal.

«Os Bolechas» presentan en Salvaterra o seu novo libro «Salvaterra Vila Milenaria»

O pasado sábado 23 de decembro, Carlos, Loli e Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa, «Os Bolechas» achegáronse a Salvaterra de Miño, e xunto o seu creador, Pepe Carreiro, fixeron a ledicia de todos os nenos e nenas presentes no acto, organizado polo Concello, co fin de presentar un dos seus últimos libros «Salvaterra Vila Milenaria» libro editado polo Concello e que contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do Plan de Promoción Lingüística provincial.

A cativada de Tui gozará hoxe do espectáculo 'Os Bolechas van ás Olimpíadas'

Os nenos e nenas de Tui terá ocasión de gozar, hoxe venres, dos Bolechas no marco da penúltima cita da actividade 'Os Bolechas van ás Olimpíadas' da edición 2016 do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes', que a Secretaría Xeral de Política Lingüística destina ás entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

  • Publicado en Tui

Os Bolechas recibidos por 600 persoas en Mos

Máis de 600 persoas quixeron darlle a benvida aos Bolechas na Carballeira de Santiaguiño, parroquia de Guizán, na presentación das aventuras irmáns, nados da imaxinación do xenial Pepe Carreiro, no seu novo libro “Os Bolechas van a Mos”.

  • Publicado en Mos

Os Bolechas van a Mos polo Camiño de Santiago

Os Bolechas presentarán o seu libro Os Bolechas van a Mos o vindeiro domingo, 19 de abril, ás 18.00 horas na Carballeira de Santiaguiño, parroquia de Guizán; e en caso de mal tempo a presentación trasladaríase ó Multiusos das Pozas (Petelos). Os Bolechas naceron da man do ilustrador Pepe Carreiro e convertíronse nun fenómeno de masas. Son seis irmáns máis un can que viviron toda clase de aventuras por Galicia e que nesta ocasión van visitar Mos con motivo da celebración do Día do Libro que se conmemora o 23 de abril.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS