Boa acollida en Oia do servizo de comunicación de incidencias polo móbil

A plataforma Línea Verde está a ter unha boa acollida por parte da veciñanza de Oia, que desde finais do pasado ano pode empregar este servizo para comunicar incidencias ao Concello directamente a través do móbil. Segundo os datos recompilados polo propio servizo Línea Verde, as incidencias que máis se teñen comunicado son as relativas a alumeado, seguidas das de beirarrúas e calzadas, as relacionadas coa vespa velutina (avespa asiática) e cos animais abandonados.

  • Publicado en Oia

Nova rolda de entrevistas para a segunda parte do documental 'Memorias de Oia'

O Concello de Oia comeza unha nova rolda de entrevistas a persoas maiores de municipio para elaborar a segunda parte do documental 'Memorias de Oia', unha recompilación de vivencias e experiencias sobre a historia recente do municipio contadas pola propia veciñanza. A iniciativa consiste en localizar e entrevistar a veciños e veciñas maiores para gravalos en vídeo e así reunir as súas testemuñas orais sobre como era a vida nos seus tempos mozos: os traballos e oficios, as dificultades do día a día, as festas, costumes e tradicións, así como anécdotas e outros datos de interese.

  • Publicado en Oia

En Marea inicia accións para protexer o Camiño

En Marea iniciou hoxe as conversas coas mareas dos concellos por onde pasa o Camiño de Santiago, e que están a sufrir diversos problemas de insalubridade, desprotección, agresións e abandono do patrimonio e do ambiente. O obxectivo destes encontros é o de formular iniciativas e accións para poñer fin a unha problemática que está a ignorar o goberno de Núñez Feijóo.

  • Publicado en Oia

Oia continúa coa campaña de compostaxe doméstica

O Concello de Oia continúa desenvolvendo a súa campaña de compostaxe doméstica distribuíndo, de xeito gratuíto, composteiros individuais entre as persoas que o soliciten. As solicitudes poderán presentarse no Concello ata o día 31 de xaneiro. O Concello anima á veciñanza a empregar estes dispositivos nos seus fogares e lembra que a compostaxe é unha oportunidade para reciclar os residuos orgánicos: o compost que se fabrica (rico en materia orgánica e minerais) pode ser reutilizado nas hortas domésticas por ser un bo fertilizante para o solo.

  • Publicado en Oia

Hostaleiros e comerciantes de Oia recibirán clases de inglés gratuítas

O Concello de Oia vén de anuncar a organización dun curso gratuíto para a mellora das competencias de lingua inglesa dirixido expresamente a profesionais da hostalería e o comercio do municipio. Como todas as iniciativas deste tipo, as prazas son limitadas, polo que interesados e interesadas deberán inscribirse canto antes. 

  • Publicado en Oia

O concurso de debuxo infantil 'Os Reis Magos chegan a Oia' xa ten gañador

O xurado do concurso de debuxo infantil 'Os Reis Magos chegan a Oia', elixiu o traballo presentado por Mateo Gómez Giráldez, alumno de 6º curso de Educación Primaria do CEIP de Refoxos, como gañador do certame e, polo tanto e segundo establecen as bases, ilustrará o cartel anunciador da Cabalgata de Reis do 2019.

  • Publicado en Oia

Ampliada ata o 14 de decembro a inscrición do obradoiro de xoguetes de Oia

Ata o 14 de decembro estará aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de creación de xoguetes tradicionais que se desenvolverá en Oia, os días 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro dentro da Semana Cultural de Mougás. As sesións se celebrarán no Centro Cultural de Mougás en horario de 10:00 h a 14:00 horas.

  • Publicado en Oia
Suscribirse a este canal RSS