Nova presentación literaria na «Sección de Igualdade» da Biblioteca de Mondariz

O sábado día 16 de febreiro, ás 19 horas, a Biblioteca Pública Municipal «Xoán Xosé Pérez Labaca» de Mondariz, acollerá a presentación de tres libros dentro das actividades programadas polo Concello con motivo da apertura da «Sección de Igualdade», no centro bibliotecario. Desta volta serán tres as obras que se presentarán, todas incluídas dentro da ‘Colección Feminismo’ de Editorial Galaxia: Chámame señora, pero trátame coma a un señor de Inma López Silva; Feminicidio de Carme Adán e Ám@me de Cris Oliveira e Amada Traba.

  • Publicado en Mondariz

Nigrán inicia unha interesante programación especial cara ao 8 de marzo

O Concello de Nigrán arranca xa a súa programación especial do 8 de marzo facendo un chamamento á veciñanza para que envíe fotos ao consistorio, anteriores a 1970, nas que as protagonistas sexan mulleres do municipio. O obxectivo do Goberno local é visibilizar e por en valor o papel esencial da muller de Nigrán organizando posteriormente unha exposición con todo o material recompilado.

  • Publicado en Nigrán

Nigrán acolle, dende o luns, a mostra 'Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar'

O salón de plenos do concello de Nigrán acollerá este luns, ás 12.00 horas, a inauguración da exposición da Deputación 'Achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar'. Trátase dunha mostra promovida pola institución provincial, en colaboración coa Universidade de Vigo, co obxectivo de darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. Poderá visitarse de luns a venres, de 9:00 h a 15:00 horas, dende este luns ata o martes 26 de febreiro.

  • Publicado en Nigrán

Baiona organiza un obradoiro de «Xestión das emocións a través do teatro»

A Concellería de Igualdade de Baiona, a través do Centro Municipal de información á muller de Baiona, abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro «Xestión das emocións a través do teatro», unha iniciativa que busca que as participantes desenvolvan o coñecemento de si mesmas e a comunicación, a través das diferentes dinámicas teatrais.

  • Publicado en Baiona

Nigrán organiza un curso de autodefensa dirixido ás mulleres

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un curso de autodefensa destinado a mulleres. O curso desenvolverase os días 22 e 30 de outubro no Pavillón Municipal de Panxón de 9:30 horas á 13:30 horas. Terán preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Nigrán.

  • Publicado en Nigrán

Carmela Silva e Patricia García exploran novas vías de promoción do emprendemento feminino

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, mantivo esta mañá un encontro coa presidenta do Círculo de Empresarias e Empresarios de Galicia, Patricia García, a primeira muller en presidir esta organización nos seus 25 anos de historia. Durante a reunión, a presidenta provincial e a dirixente empresarial acordaron explorar a apertura de novas liñas de colaboración para poñer en marcha iniciativas destinadas a promover o emprendemento feminino e a visibilización das mulleres ao fronte da dirección das empresas.

Zona Franca acolle o primeiro obradoiro de «Inspirando ás rapazas para estudar enxeñería»

Atraer ás mozas para que estuden carreiras técnicas é o obxectivo do programa «Inspirando ás rapazas para estudar enxeñería» que hoxe realizou o seu primeiro taller no Consorcio da Zona Franca. A xornada que abriu Teresa Pedrosa, contou coa presenza de Carmela Silva, presidenta da Deputación Pontevedra; de Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia; da comisionada para o campus Vigo Tecnolóxico, Edita de Lorenzo e de Dolores González, vicerreitora de Estudantes da UVigo, quen conduciu o acto.

Suscribirse a este canal RSS