Mondariz pon en marcha unha enquisa sobre o Plan de Mobilidade Urbana Sustentable

O Concello de Mondariz está a desenvolver unha enquisa entre a cidadanía de cara a deseñar o Plan de Mobilidade Urbana Sustentable, unha ferramenta que o Concello considera “básica” para a planificación e toma de decisións sobre a mobilidade no municipio. A enquisa cidadá trata, segundo explica o alcalde Xoán Carlos Montes Bugarín, de “atopar entre todas e todos maneiras de mellorar a mobilidade no concello”. En base a esa premisa, veciños e veciñas expresarán a súa opinión sobre o xeito de desprazarse e o modo en que utilizan os espazos públicos.

O Club Ciclista Ponteareas organiza o Minidh urbano en Mondariz

O dia 13 de abril celebrarase en Mondariz, a primeira proba deste ano de Minidh, tratase dunha proba urbana na que os nenos e nenas amosarán a súa habilidade nunha serie de obstáculos feitos para o evento. Esta será a primeira das sete probas que compoñen o Minidh deste ano 2019, competición que é posible pola aposta de sete Clubs para potenciar a modalidade de ciclismo de descenso dende a base.

Mondariz mellora a rede viaria en Cernadela (Riofrío), O Costal e O Coto (Sabaxáns)

O Goberno local de Mondariz procede, nestes días, a traballos de mellora da rede viaria municipal de cara a garantir a seguridade de usuarios e usuarias e, ao mesmo tempo, facilitar a comunicación interna da veciñanza. Dentro deste programa global de mantemento das pistas e camiños municipais, estase a traballar na apertura dun novo camiño asfaltado en Cernadela, na parroquia de Riofrío, e a mellora do firme en dous camiños da parroquia de Sabaxáns (O Costal e O Coto).

  • Publicado en Mondariz

Mondariz facilita á veciñanza o fraccionamento do pago dos recibos da auga

O Concello de Mondariz fixo público o pasado xoves un bando no que da a coñecer á veciñanza que, debido a problemas coa lectura do consumo de auga do primeiro cuadrimestre do 2018 e como medida menos prexudicial para as veciñas e veciños –logo de todas as opcións estudadas de xeito conxunto co ORAL–, están ao cobro, nun só recibo, os consumos correspondentes ao 1º e 2º cuadrimestre do 2018.

  • Publicado en Mondariz

"Feijóo veu a vender máis recortes en Sanidade para O Condado-Paradanta"

Mañán cúmprese unha semana da visita do presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo ao Condado-Paradanta a presentar os candidatos a alcaldía e, segundo a Plataforma en Defensa do Pediatra en Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo, unha semana dende que o presidente da xunta "prometera que o luns (o pasado) habería pediatra no Centro de Saúde de Mondariz". A día de hoxe, sinala a Plataforma, "o despacho do pediatra está baleiro".

  • Publicado en Mondariz

Máis de 246.000 euros da Deputación para o saneamento de Mouriscados e Vilasobroso

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da aprobación pola Xunta de Goberno de dous investimentos para Mondariz con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019 por un valor total de 246.133,93 euros. En concreto, son 88.415,11 euros para financiar a depuradora e saneamento no núcleo de Poñe (Mouriscados) e outros 157.718,82 euros tamén para depuradora e saneamento dos barrios de A Pena e O Cruceiro (Vilasobroso).

  • Publicado en Mondariz

Nova presentación literaria na «Sección de Igualdade» da Biblioteca de Mondariz

O sábado día 16 de febreiro, ás 19 horas, a Biblioteca Pública Municipal «Xoán Xosé Pérez Labaca» de Mondariz, acollerá a presentación de tres libros dentro das actividades programadas polo Concello con motivo da apertura da «Sección de Igualdade», no centro bibliotecario. Desta volta serán tres as obras que se presentarán, todas incluídas dentro da ‘Colección Feminismo’ de Editorial Galaxia: Chámame señora, pero trátame coma a un señor de Inma López Silva; Feminicidio de Carme Adán e Ám@me de Cris Oliveira e Amada Traba.

  • Publicado en Mondariz
Suscribirse a este canal RSS