O Porriño, Concello Amigo da Infancia, presenta a programación «Vive a cultura urbana»

«Vive a Cultura Urbana», programa de ocio activo dirixido á mocedade que comezará o vindeiro venres 15 de marzo, “é un xeito de darlle máis dimensión ó feito de que Porriño fose nomeada ‘Cidade Amiga da Infancia’ por UNICEF” manifestou a alcaldesa Eva García de la Torre na rolda de prensa celebrada no Concello porriñés. “Queremos prestar máis atención á franxa de idade de nenos de más de 11 anos que entran na adolescencia, a fin de que dispoñan de opcións de lecer axeitadas e saudables”, sinalou a rexedora local.

Charlas para pais e nais en Redondela sobre seguridade en internet

O Concello de Redondela desenvolverá, o vindeiro día 14 de marzo, unha charla sobre a seguridade en internet e as redes sociais, dirixida fundamentalmente a nais e pais. A iniciativa responde a crecente demanda social sobre a formación específica de cara a afrontar a problematica que conleva o avance das novas tecnoloxías. 

A Guarda conta xa co seu «Skate Park»

O pasado sábado día 2 de marzo celebrouse a apertura oficial da nova infraestrutura deportiva na zona da Atalaia no Porto da Guarda, cunha programación de actividades que comezaron ás 10:00 h da mañá e que se prolongaron ata ben entrada a tardiña. Centos de persoas achegáronse dende diferentes puntos da xeografía galega para asistir e probar esta nova pista e gozar das diferentes actividades programadas nun evento, que estivo organizado pola Asociación Galifornia Beat! e que contou coa colaboración do Concello da Guarda e da Deputación de Pontevedra.

A Guarda abre, este sábado, o «Skate Park Atalaia»

No mes de agosto de 2018 iniciáronse no Porto da Guarda as obras de ampliación da zona deportiva existente e a preparación dos terreos para albergar a nova pista de skate e zona deportiva e de ocio infantil. Esta actuación, financiada en parte polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, ven a cubrir as necesidades dun colectivo en auxe ao longo dos pasados anos e que precisa dunhas instalacións axeitadas para a práctica deportiva, sendo o skate unha modalidade deportiva de referencia na Guarda, atraendo dinamismo a este espazo urbano.

  • Publicado en A Guarda

Novo mural do «DepoRúARTE» no IES «Auga da Laxe» de Gondomar

A deputada de Xuventude e Cohesión Social, Digna Rivas, acudirá mañá martes ás 10:30 horas ao IES Auga da Laxe de Gondomar onde o alumnado participante presentará un novo mural elaborado no marco do proxecto «DepoRúARTE. Pintando alternativas» da Deputación de Pontevedra. O tema elixido polos e polas estudantes para o mural, realizado en colaboración coa artista Noemí Núñez, foi unha «homenaxe ao Guernica».

  • Publicado en Gondomar

Tomiño aproba unha nova ordenanza que contempla axudas para casos de emerxencia social

O Concello de Tomiño aprobou de forma definitiva o pasado venres no transcurso do Pleno, unha nova ordenanza en materia de Benestar Social, que foi votada de maneira unánime polos membros da Corporación Local. A nova ordenanza pretende establecer unha serie de dereitos e recursos dentro do Programa de Inclusión Social, xerais e específicos para a cidadanía da localidade en risco de exclusión social.

  • Publicado en Tomiño

O Porriño e Tomiño, «Cidades Amigas da Infancia»

As alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre e Tomiño, Sandra González, recibiron este martes, 27 de novembro o nomeamento dos seus respectivos concellos como «Cidade Amiga da Infancia», outorgados pola UNICEF, nun acto que tivo lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Oviedo. O Porriño e Tomiño convértense en dous dos 8 concellos de Galicia que veñen de recibir este recoñecemento.

  • Publicado en Tomiño

Salvarerra de Miño amosa o seu rexeitamento á violencia machista

O 23 de novembro foi a data elixida en Salvaterra de Miño para celebrar os actos en torno ao 25, día Internacional contra a Violencia de Xénero. A mañá arrancou cou entrega de premios do concurso de slogans contra a violencia de xénero organizado polo Concello en colaboración co IES. Despois leuse un manifestó e gardouse un minuto de silencio polas vítimas. 

Suscribirse a este canal RSS