Escolares do CEP Altamira de Salceda, implícanse na compostaxe

O CEP Altamira de Salceda de Caselas está decidido a ter alumnos e alumnas expertos en compostaxe. Na xornada de onte e o vindeiro día 14 deste mes escolares de 6º de Primaria recibirán varias charlas informativas sobre como é o proceso polo que se produce o compost e tamén cales son os seus usos para fertilizar as prantas e o solo dos montes e dos xardíns.

Unha enquisa revela que o 70% dos ponteareáns están satisfeitos coa recollida de lixo

O Concello de Ponteareas vén de publicar os resultados dunha enquisa, realizada entre maio e setembro de 2018 en colaboración coa concesionaria FCC, que revela que o 70 % dos ponteareáns están satisfeitos co servizo de recollida de lixo. Esa cifra, no caso concreto do casco urbano, elévase até o 77 %. A valoración tamén varía en función da proximidade do enquisado a unha illa de reciclaxe que, como é lóxico, a maior cercanía, maior nivel de satisfacción e viceversa.

O BNG de Redondela solicita información sobre "os fedores procedentes de Aucosa"

O Bloque Nacionalista Galego de Redondela, a través do seu portavoz Xoán Carlos González, vén de preguntar ao alcalde de Redondela, Javier Bas, sobre a problemática orixinada pola empresa produtora de fariñas a partires de sobras de peixe, ubicada na beiramar de Cabanas e que, segundo veciños e veciñas, orixina cheiros "que mesmo lles impediron abrir as fiestras". Logo de varias semanas dende a pregunta, o concelleiro nacionalista dí que o único que obteñen do Concello "é a calada por resposta".

Salvaterra pon en valor os seus sendeiros fluiais introducindo códigos de ubicación QR

O Concello de Salvaterra de Miño vén de rematar á construción de 27 quilómetros de sendeiros fluviais polos ríos Miño, Tea, Mendo e Caselas. Para unha mayor difusión e posta en valor dos mesmos, o concello editou un folleto que recolle as características de cada un de eles, introducindo tamén os códigos de ubicación QR. O último treito (Salvaterra–Tui, río Caselas), será inaugurado o vindeiro 9 de febreiro dunha andaina que sairá do Parque da Canuda ás 9:30 horas.

O 'Anel Verde' do Miño medra cunha nova actuación na Guarda

O convenio de colaboración asinado hoxe para o acondicionamento da praia do Muíño, na Guarda, porta do espazo natural protexido do Esteiro do río Miño e enmarcada dentro do proxecto Visit Rio Minho, consolida un novo treito do denominado 'Anel Verde' do río transfronteirizo formado por rutas galego-portuguesas, un dos maiores atractivos do sur da provincia. Esta actuación é especialmente importante á hora de recuperar un espazo natural de altísimo valor tanto turístico coma medioambiental.

  • Publicado en A Guarda

A ampliación da EDAR de Ponteareas licitarase neste 2019

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, expresou o seu convencemento de que a ampliación da depuradora de Ponteareas licitarase durante este ano 2019. Despois de meses de negociación entre Concello e Ministerio para a Transición Ecolóxica, o proxecto de ampliación foi contratado en 2018 pola Confederación Hidrográfica. Agora, segundo informa Represas, o proxecto xa foi redactado e entregado e será analizado nas vindeiras semanas polas dúas administracións.

Redondela revalida o premio á reciclaxe activa na Área Metropolitana de Vigo

A Concellería de Medio Ambiente, dirixida polo concelleiro Miguel Ángel Álvarez, vén de facilitar os datos de reciclaxe do 2018, unha estatística que, segundo o Concello, "constata a tendencia á alza da reciclaxe na vila". Nos últimos anos, coa implantación do Plan de Reciclaxe e Compostaxe Redondela (2016-2020), o Concello afianza a súa aposta por esta materia. "Os programas de concienciación social e as campañas divulgativas que se poñen en marcha de maneira periódica, tamén axudan a que os datos sexan cada vez máis favorables", sinala o executivo local.

Parlamentarios galegos e europeos visitan Ponteareas para coñecer a problemática ambiental do río Tea

O Grupo Ecoloxista acompañou este mércores a Marcos Cal, parlamentario galego de En Marea, e a Celtia Traviesas, asistente da europarlamentaria de Podemos Estefanía Torres, durante a súa visita a diferentes puntos do río Tea onde nos últimos tempos se realizaron unha serie de obras, con sucesivos paseos fluviais que alteraron o ecosistema e prexudicaron aos hábitats que fixeron posible que este espazo forme parte da Rede Natura 2000, ademais de coñecer tamén a problemática da denominada depuradora de Ponteareas.

Suscribirse a este canal RSS