ACiP denuncia "irregularidades" na contratación do alumeado de Nadal de Ponteareas

Alternativa Ciudadana de Ponteareas asegurou ter constatado "graves irregularidades" na contratación do alumeado de Nadal de Ponteareas. Segundo ACiP, no acordo asinado, a empresa debería dotar de alumado de Nadal á vila entre o 8 de decembro de 2018 e o 6 de xaneiro de 2019. Os independentes aseguran que "moitas das luces instaláronse entre os días 17 e 19, ou mesmo o 21 de decembro" e porén a emprega, agora, pasa unha factura reclamando a totalidade do importe.

ACiP denuncia "irregularidades" na contratación do alumeado de Nadal de Ponteareas

Alternativa Ciudadana de Ponteareas asegurou ter constatado "graves irregularidades" na contratación do alumeado de Nadal de Ponteareas. Segundo ACiP, no acordo asinado, a empresa debería dotar de alumado de Nadal á vila entre o 8 de decembro de 2018 e o 6 de xaneiro de 2019. Os independentes aseguran que "moitas das luces instaláronse entre os días 17 e 19, ou mesmo o 21 de decembro" e porén a emprega, agora, pasa unha factura reclamando a totalidade do importe.

ACiP denuncia a "falta de planificación" nas axudas ás traídas de augas

Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACiP) denunciou hoxe "a falta de planificación" do Goberno local no que fai referencia ás axudas ás comunidades de traídas de augas. Segundo portavoz dos independentes, Juan Carlos González Carrera, a alcaldía publicaba unha resolución coa listaxe de comunidades de traídas de auga ás que se aprobaba a solicitude de axudas para a realización de obras e a contía adxudicada a cada unha delas.

ACiP presenta, o sábado 15, o seu candidato á alcaldía de Ponteareas

"Logo da última xuntanza mantida, o comité executivo de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, vén de aceptar a proposta de candidato á alcaldía da vila designada pola Xunta Directiva desta formación". Unha candidatura, sinala no seu comunicado Alternativa Ciudadana, "que trata de reflectir o sentir de afiliados e dos simpatizantes máis achegados a este grupo político, formada por un equipo xove pero con ampla experiencia na vida política municipal".

ACiP pide a exposición pública do PXOM "para garantir a seguridade xurídica deste documento"

Ao igual que o fixera na rolda de prensa convocada para tratar do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ponteareas, o portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, Juan Carlos González Carrera, vén de pedir novamente ao Goberno local a exposición pública do Plan ao tratarse dun importante documento "que determinará o desenvolvemento urbanístico da vila nos próximos anos" e, engadía, para "evitar a máis que probable inseguridade xurídica do mesmo".

ACiP asegura que a veciñanza queda "legalmente desamparada" ante os cambios do PXOM

Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, deu a coñecer esta mañá, en rolda de prensa, a súa postura ante o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ponteareas, un documento que, segundo sinalou Juan Carlos González Carrera, portavoz do grupo independente, "sufre grandes e graves cambios" que "deixa legalmente desamparada á veciñanza". González Carrera adiantou que a súa formación dará a coñecer "parroquia por parroquia" este documento "e as grandes diferenzas sufridas con respecto á súa aprobación inicial en 2016”.

ACiP denuncia «amiguismo» do Goberno con determinados propietarios de fincas urbanas

Semanas despois de denunciar a situación na que se atopa a finca de Granitos, en pleno casco urbano de Ponteareas, ACiP volve a carga desta volta co estado da leira que, segundo sinala a formación independente "segue a ser o mesmo en canto a sucidade e perigosidade para os usuarios; os últimos coincidindo coas festas patronais, pois volveu a usarse como aparcadoiro público sen adoptar medida algunha".

ACiP acusa ao Goberno local de "falta de previsión" no concerto de Sés

Alternativa Ciudadana de Ponteareas vén de criticar o que cualifican de "absoluto descontrol" á hora de xestionar as actividades culturais por parte do Concello de Ponteareas, logo de que esta fin de semana, o concerto de Sés, que tiña previsto celebrarse diante da Casa Consistorial, tivera que ser trasladado ao Auditorio Municipal ante un posible empeoramento das condicións meteorolóxicas.

Suscribirse a este canal RSS