'Fame de Experiencias' inicia a súa andaina galega, estatal e internacional

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo esta mañá balance dos resultados acadados en Fitur 2019. “Foi un éxito absoluto, a nosa presentación ateigou de público o auditorio do stand de Galicia e foi a que concentrou ao maior número de persoas de todas as accións promocionais alí organizadas”, informou Silva. Por estes motivos, e debido ás “altas expectativas” das presentacións impulsadas pola Deputación de Pontevedra, a presidenta informou que “empezamos xa a traballar de cara a Fitur 2020”.

A Guarda amosará todo o seu potencial turístico en FITUR

Un ano máis, o Concello da Guarda estará presente na Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano celebra, do 23 ao 27 de xaneiro, a súa trixésimo novena edición. O concello guardés promocionará o seu potencial turístico no stand de Turismo de Galicia e, o xoves ás 12 horas, tamén estará presente no acto organizado pola Deputación de Pontevedra onde se promocionará o Destino Rías Baixas como Destino gastronómico dentro da campaña 'Fame de Experiencias'.

  • Publicado en A Guarda

Xeodestino «Terras do Condado-A Paradanta», á conquista de Fitur

O stand oficial de Turismo de Galicia acolleu a presentación do xeodestino turístico «Terras do Condado-A Paradanta» no marco da Feira Internacional de Turismo, FITUR2018 que se celebra nestes días e ata o domingo 21 en Madrid. Os alcaldes de Ponteareas, Xosé Represas; Arbo, Horacio Gil e A Cañiza, Miguel Domínguez, xunto coa concelleira de turismo de Ponteareas Hortensia Bautista, presentaron o xeodestino turístico que promocionará as riquezas das dúas comarcas.

Carmela Silva, satisfeita polo éxito acadado polo 'Camiño Portugués pola Costa' en Fitur

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou hoxe a súa satisfacción polo éxito acadado en Fitur do 'Camiño Portugués pola Costa', unha ruta que transcorre por quince concellos da provincia de Pontevedra, comezando na Guarda e dirixíndose cara o Norte polo Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas, Valga e Pontecesures.

Baiona reafirmase como líder turístico nacional en Fitur

Baiona converteuse esta semana en protagonista absoluta da Feira Internacional de Turismo (Fitur) celebrada no Instituto Ferial de Madrid (Ifema) como referente turístico de Galicia e España. En tan só tres días, o Concello de Baiona recolleu diferentes galardóns e foi centro da mirada de todos os visitantes.

  • Publicado en Baiona

Arbo promociona as excelencias da lamprea en Fitur

Co obxectivo de promocionar máis aló da xeografía galega a popular e afamada festa da Lamprea de Arbo, o alcalde Horacio Gil, asistiu a Fitur 2017. A Festa da Lamprea, declarada de Interese Turístico Nacional, forma parte dos 11 eventos con este recoñecemento en Galicia. Este ano a festa da Lamprea celebrarase de maneira máis especial por ostentar este distintivo, un distintivo que recoñece tanto a antigüidade, como o arraigamento e a continuidade da festa desde o ano 1961.

  • Publicado en Arbo

Baiona presume de Arribada en Fitur

A Festa da Arribada brillou este venres na Feria Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid coa presentación do vídeo e o cartel oficial da nova edición que se celebrará como é de costume a primeira fin de semana de marzo (días 3, 4 e 5). A XXII edición da festa chega con moitas novidades e este luns xa estará aberto o prazo para as solicitudes do Real Mercado, que en esta ocasión amplía o seu horario a noite do sábado.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS