A Escola de Cantería, na II Feira das ensinanzas profesionais e artísticas de Ponteareas

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra está a ser unha das protagonistas da segunda edición da Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas, que remata hoxe na vila do Condado. Ao longo destes dous días, no complexo deportivo Álvaro Pino, a veciñanza e mocidade de Ponteareas e da comarca vén de coñecer a oferta formativa deste centro da institución provincial.

O Centro Penitenciario da Lama acolle un obradoiro da Escola de Cantería

13 internos e 2 internas do Centro Penitenciario da Lama comezaron onte luns un novo taller formativo da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. A Presidenta Carmela Silva asistiu á inauguración da acción, que baixo o título de ‘Elaboración de obras en pedra natural’ terá lugar tres días á semana ao longo de seis meses (ata o 4 de agosto) facendo un total de 250 horas.

A Deputación adxudica as obras da Escola de Cantería

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar, mediante procedemento aberto, o contrato para a redacción do proxecto básico e de execución e da realización das obras na Escola de Cantería para a súa adaptación á normativa vixente. Os traballos, que terán un prazo de execución de 9 meses, son un paso máis do Goberno provincial no proceso para converter a Escola de Cantería nunha Entidade de Formación Profesional para o Emprego.

Arranca o novo curso da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra

Este luns 1 de outubro deu comezo nas instalacións de Poio o novo curso da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. Ao acto de apertura asistiu a deputada de Emprego, Montse Magallanes, que deu a benvida ao preto de 30 alumnos e alumnas que cursarán os estudos ofertados pola Escola, que aconsellou ao alumnado que “aproveite este curso porque poderedes traballar nas mellores instalacións de toda España e cun profesorado e equipo directivo moi implicado na vosa formación”.

A Escola de Cantería elabora as estatuillas do VIFFI, Festival de Cine Inclusivo

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinou esta mañá o convenio de colaboración con Gonzalo Suárez, presidente de AGAIN, por medio do cal a Escola de Cantería da institución cede ao VIFFI, Festival de Cine Inclusivo de Vigo, as estatuíllas para os seus premios á mellor curtametraxe elixida polo xurado, á mellor elixida polo público e ao mellor documental seleccionado polo xurado. Silva aproveitou a ocasión para felicitar e facer un recoñecemento a AGAIN e poñer en valor actuacións como esta, “promovida pola sociedade civil para construír un mundo mellor”.

A deputada provincial Montserrat Magallanes inaugura a mostra «Nado en pedra» na Guarda

A deputada provincial de Emprego e concelleira no Concello da Guarda, Montserrat Magallanes, acompañada polo alcalde, Antonio Lombra, inauguraron o pasado sábado no Castelo de Santa Cruz a exposición escultórica «Nado en pedra», elaborada por alumnos da Escola de Cantería. Ao acto de inauguración tamén a directora da Escola de Cantería, Concepción López Paz; o director técnico e mestre escultor da mesma, Enrique Velasco e outros membros da Corporación municipal.

O alumnado do Obradoiro de Emprego «Ecotur Xuvenil» visitan a Escola de Cantería

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra recibiu a visita dos participantes no III taller de emprego 'Ecotur Xuvenil', de Santiago de Compostela. Estes alumnos e alumnas, que participan no obradoiro do Concello de Santiago, están a manter as zonas verdes e a colocar pedra natural no tramo do río Sar entre Ponte Suarribas e Ponte da Fervenz ao tempo que reciben formación teórica sobre a utilización de ferramentas, maquinaria ou riscos laborais.

Suscribirse a este canal RSS