Manifesto do 8M de Deputación de Pontevedra: «O futuro é con nós»

Virginia Woolf dixo hai anos: “Non hai barreira, pechadura nin ferrollo que poida impoñer a liberdade da miña mente”. É precisamente esa liberdade, que todas recoñecemos como propia, a que nos fai saír de novo á rúa neste 8 de Marzo, xuntas, unidas, fortes e poderosas, para reclamar que o noso sentir diario acabe por converterse nunha liberdade real, unha liberdade plena e igualitaria.

O Club de Iates de Baiona súmase ao 8M

O Monte Real Club de Iates de Baiona quixo hoxe achegar o seu gran de area ao Día da Muller e, nada mellor que facelo a través dun video onde mulleres e mar son as grandes protagonistas. Regatistas, padroas, armadoras, alumnas da escola de vela, traballadoras, adestradoras... están presentes neste traballo no que expresase, sen palabras, o papel cada vez máis protagonista da muller no mundo da náutica. Parabéns por un fermosísimo traballo.

  • Publicado en Baiona

Salvaterra amosa a infancia a importancia da muller na sociedade

O Concello de Salvaterra de Miño desenvolverá o día 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, unha actividade especialmente dirixida aos nenos e nenas do municipio. A iniciativa, que terá lugar ás 17 horas na Praza do Concello, realizarase baixo o lema «Descubrindo as nosas precursoras a través do xogo». Trátase, sinala a tenente de alcalde Marta Valcárcel, "de visibilizar o importante papel que xogaron as mullers en diversos ámbitos da sociedade e que alguhnas veces quedou relegado a un segundo plano".

Amplo programa de actividades en Tui para conmemorar o Día Internacional da Muller

O Concello de Tui, a través da Concellería de Servizos Sociais, está a ultimar un amplo calendario de actividades para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Por unha banda 250 alumnos e alumnas dos institutos San Paio e Indalecio Pérez Tizón están a participar nos obradoiros «Nin bombeiros, nin enfermeiras» sobre esta data que imparte a técnica do Servizo de Prevención do propio concello e que se estende ao longo da varias semanas.

  • Publicado en Tui

Amplo programa de actividades na Guarda con motivo Día Internacional da Muller

A Guarda conmemora o Día Internacional da Muller 2019 con diversas actividades nas que se inclúen a Exposición «Rompe. Xoga en igualdade», a proxección dun documental sobre Fútbol Feminino e unha concentración reivindicativa. A programación de actividades arrancan xa o xoves día 7 de marzo ás 12:00 h na Casa dos Alonsos coa inauguración da Exposición «Rompe. Xoga en Igualdade», unha rompedora mostra da Deputación de Pontevedra coas «Barbies intervidas» coma protagonistas.

  • Publicado en A Guarda

¿Qué sucedería se as mulleres non traballaran, non coidaran, non consumiran e non participaran?

O Concello de Nigrán fixo público, na mañá de hoxe, un manifesto oficial de apoio á Folga de Mulleres deste 8 de marzo de 2018, e o fixo coa reflexión, máis que interesante de "Qué sucedería se as mulleres non traballaran, non coidaran, non consumiran e non participaran?" A folga, tal e como se subliña no manifesto oficial, debe ser tamén "unha invitación a reflexionar colectivamente sobre qué poden e deben facer os homes para, entre todos, trocar esta situación de desigualdade e inxustiza".

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS