O Porriño, Concello Amigo da Infancia, presenta a programación «Vive a cultura urbana»

«Vive a Cultura Urbana», programa de ocio activo dirixido á mocedade que comezará o vindeiro venres 15 de marzo, “é un xeito de darlle máis dimensión ó feito de que Porriño fose nomeada ‘Cidade Amiga da Infancia’ por UNICEF” manifestou a alcaldesa Eva García de la Torre na rolda de prensa celebrada no Concello porriñés. “Queremos prestar máis atención á franxa de idade de nenos de más de 11 anos que entran na adolescencia, a fin de que dispoñan de opcións de lecer axeitadas e saudables”, sinalou a rexedora local.

A Guarda conta xa co seu «Skate Park»

O pasado sábado día 2 de marzo celebrouse a apertura oficial da nova infraestrutura deportiva na zona da Atalaia no Porto da Guarda, cunha programación de actividades que comezaron ás 10:00 h da mañá e que se prolongaron ata ben entrada a tardiña. Centos de persoas achegáronse dende diferentes puntos da xeografía galega para asistir e probar esta nova pista e gozar das diferentes actividades programadas nun evento, que estivo organizado pola Asociación Galifornia Beat! e que contou coa colaboración do Concello da Guarda e da Deputación de Pontevedra.

Mos presenta o seu primeiro festival de cultura urbana «DeMostra»

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Participación Cidadá, Julia Loureiro e a edil de Cultura, Sara Cebreiro, acompañados por membros da organización e público potencial do evento, presentaron a primeira edición do festival de cultura urbana «DeMostra» que se desenvolverá o vindeiro 16 de setembro, de 11 h a 21 h na contorna do Edificio Multiúsos das Pozas.

  • Publicado en Mos

A cultura urbana toma Ponteareas no «Ruada Jam Fest»

A concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas, que dirixe Verónica Carrera, vén de presentar o «Ruada Jam Fest», o primeiro encontro coas tendencias en cultura urbana que terá lugar o vindeiro 14 de xullo a partir das 12 horas. Ao longo da xornada haberá obradoiros, tanto de iniciación coma avanzados, de distintas modalidades creativas. O parque da Feira Vella acollerá este evento de participación libre no que non fará falta inscribirse para poder participar en todas as actividades.

Máis de 100 bailaríns, no 'I Trofeo de Hip Hop Cidade de Tui'

A cultura urbana chega a Tui nesta fin de semana por partida dobre. O pavillón municipal acollerá este domingo 29, a partires das 15:00 horas, o 'I Trofeo de Hip Hop Cidade de Tui'. Máis dun centenar de bailaríns participarán en diferentes coreografías e actuacións en grupo con integrantes dende os 4 anos en diante.

  • Publicado en Tui
Suscribirse a este canal RSS