Chus Garrote satisfeita coa reunión con Fomento. “Haberá circunvalación”

A tenente de alcalde e candidata socialista, Chus Garrote, valorou como moi satisfactoria a reunión co Director Xeral de Carreteras que tivo lugar o pasado xoves no Ministerio de Fomento, na que se acadou o compromiso do Goberno de España cunha reclamación histórica dos veciños e veciñas de Ponteareas. “Nesta reunión os socialistas demostramos o noso compromiso con Ponteareas e fixémolo con feitos. Demostramos unha vez máis que somos un partido no que se pode confiar” declara Chus Garrote.

Belén Villar pedirá ao Pleno da Deputación apoio "ás reivindicacións da plataforma da N-120"

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Ponteareas e deputada provincial, Belén Villar, asegurou hoxe que o PP "esgotará todos os mecanismos posibles para evitar o recorte do Goberno estatal" que, no borrador dos Orzamentos do Estado para este exercicio 2019, decidiu facer desaparecer a Variante-Circunvalación de Ponteareas e reducir o investimento para a mellora da seguridade da N-120.

EU Ponteareas "convidada a marcharse" dunha xuntanza sobre os Orzamentos Xerais do Estado

EU Ponteareas cualificou de "antidemocrático" o acontecido o pasado venres 18 de xaneiro, unha xuntanza no salón de plenos do concello entre os grupos da Corporación Municipal de Ponteareas e a Plataforma de afectados da N120 para tratar o asunto dos Orzamentos do Estado para 2019 onde o concelleiro de EU, Lino Costas, foi 'convidado' a marcharse ao "non compartir o posicionamento dos outros grupos da Corporación Municipal, PP, PSOE, ACiP, BNG e ARDT con respecto á variante de Ponteareas".

Tomiño recolle case 400 propostas para nomear á nova avenida que rodeará o Seixo

Éxito de participación na recollida de ideas para poñerlle nome á nova avenida que rodeará o núcleo do Seixo. O Concello de Tomiño recolleu case 400 propostas durante a primeira fase da campaña ‘Ponlle nome!’, un proceso participativo que invita á cidadanía a colaborar na proposta e elección da denominación desta nova rúa que nace co obxectivo de eliminar o tráfico de paso polo centro urbano da vila.

  • Publicado en Tomiño

O Pleno de Ponteareas esixe ao Estado un convenio viable para a circunvalación

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, convocou para onte martes 8 de xaneiro un Pleno extraordinario monográfico sobre a Circunvalación "para dar unha resposta unitaria á proposta de convenio remitido polo Ministerio de Fomento no que reduce a 7 millóns de euros os 21 millóns previstos nos orzamentos do Estado". A moción, que foi aprobada cos votos de todas as forzas políticas da Corporación agás EU, xa fora consensuada previamente por todos eles estando de acordo a Plataforma Veciñal das parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo.

Últimos días para que a cidadanía propoña nomes para a variante de Tomiño

A cidadanía de Tomiño aínda está en prazo para enviar propostas para bautizar a variante que circinvalará o núcleo do Seixo, unha vía que permitirá redefinir o casco urbano de Tomiño ao eliminar o paso do tráfico pesado polo centro urbano da vila. Ata o vindeiro 15 de xaneiro todas as persoas interesadas poderán achegar as súas ideas de forma virtual a través do espazo habilitado na web do concello ou de forma presencial enchendo unha tarxeta con nome e deixándoa na caixas instaladas no Mercado Municipal de Tomiño e na propia Casa Consistorial.

  • Publicado en Tomiño

“Ponteareas farase oir ante o Estado e a Xunta pola circunvalación”

O Goberno de Ponteareas advertíu hoxe ao Estado e á Xunta que “Ponteareas se fará oir dunha vez por todas ante o Ministerio de Fomento e a Xunta pola estafa e a farsa da circunvalación”. Segundo Represas, “o Goberno español, e nos últimos anos tamén a Xunta, leva vinte anos xogando con esta necesidade prioritaria para Ponteareas, convertíndoa nun culebrón cuxos capítulos sempre se emiten coincidindo cos períodos electorais”.

Suscribirse a este canal RSS