Escolares do CEP Altamira de Salceda, implícanse na compostaxe

O CEP Altamira de Salceda de Caselas está decidido a ter alumnos e alumnas expertos en compostaxe. Na xornada de onte e o vindeiro día 14 deste mes escolares de 6º de Primaria recibirán varias charlas informativas sobre como é o proceso polo que se produce o compost e tamén cales son os seus usos para fertilizar as prantas e o solo dos montes e dos xardíns.

Os colexios de Salceda traballarán a igualdade e a mediación

O CEP Altamira acolleu a presentación dos proxectos de educación emocional en igualdade e mediación que se van levar a cabo tanto no CRA Raíña Aragonta como no propio CEP Altamira. No acto participaron representantes das ANPAS e dos equipos directivos dos dous centros, representantes de ACROFAM, entidade encargada de levar a cabo os proxectos, e a Concelleira de Educación e o Alcalde de Salceda, Tere Pérez e Marcos Besada.

A Xunta supervisa a ampliación do CEP Altamira de Salceda de Caselas

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata o CEP Altamira na localidade pontevedresa de Salceda de Caselas para, acompañado pola alcaldesa accidental, Loli Castiñeira e a concelleira de Ensino, Tere Pérez, comprobar o estado das obras de ampliación que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a acometer neste centro escolar.

O CEP Altamira celebra o «Día do Libro»

O alumnado do CEP Altamira de Salceda de Caselas celebrou, ao longo desta semana, o «Día do Libro» a través de diversos actos, coordinados dende o equipo de biblioteca. As actividades, moitas e moi diversas, abrangueron dende exposicións de traballos ao teatro do voluntariado, pasando por actividades de animación á lectura, exposición de libros e un «Apadriñamento Lector» entre os diferentes cursos, no que os maiores lle ofrecían unha lectura aos máis pequenos.

O PSOE leva ao Parlamento a petición dunha segunda fase para o CEP Altamira

O deputado socialista Abel Losada, achegouse onte xoves a Salceda de Caselas para, acompañado pola portavoz socialista, Verónica Tourón e a concelleira Gela Ledo, coñecer de primeira man a situación educativa no municipio logodo anuncio feito pola Xunta de Galicia da ampliación do CEP Altamira. Tourón e Leda consideraron a ampliación "insuficente" so contempla catro novas aulas "cando serían necesarias entre 8 e 10" para arranxar a falta de espazo.

A Xunta de Goberno de Salceda da luz verde á ampliación do CEP Altamira

A Xunta de Goberno Local do Concello de Salceda de Caselas deu onte luz verde ao proxecto de ampliación do CEP Altamira presentado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, no que foi cualificado pola concelleira de Ensino, Tere Pérez como "un pasiño máis para lograr a ampliación do colexio". O proxecto, cun investimento de 545.042 €, suporá a demolición da cuberta do edificio administrativo, para posibilitar a ampliación do edificio existente en 297,15 m2.

A Xunta licita a ampliación do CEP Altamira de Salceda

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación das obras de ampliación do CEP Altarmira de Salceda de Caselas, que levará a cabo a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta actuación suporá un investimento de 545.042 euros e ten un prazo de execución de 4 meses. O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares, e o alcalde Marcos Besada achegáronse hoxe ata o centro escolar para informar dos pormenores da obra á dirección.

«Aprende a salvar vidas» no CEP Altamira de Salceda de Caselas

O alumnado de 4º e 5º curso do CEP Altamira participou ao longo das pasadas semanas nos talleres formativos levados a cabo por persoal sanitario da Cruz Vermella, dentro do programa «Aprende a salvar vidas», en colaboración coa Deputación de Pontevedra. O obxectivo da actividade consiste en que o alumnado do Altamira, saiba como actuar ante unha situación de emerxencia e coñeza as técnicas básicas de primeiros auxilios.

Suscribirse a este canal RSS