Este domingo continúan as «visitas caracterizadas» ao Castelo de Soutomaior

Este domingo continúan as visitas caracterizadas de Coco Chanel, María Vinyals e Emilia Pardo Bazán ao Castelo de Soutomaior, que comezaron a pasada fin de semana e esgotaron xa as 150 prazas ofertadas. Durante a visita, á que asistirá a deputada provincial Digna Rivas, estas tres grandes mulleres, darán a coñecer durante hora e media e durante dúas sesións (12 e 16 horas) os principais atractivos dos xardíns do castelo.

Coco Chanel, María Vinyals e Pardo Bazán, nas visitas caracterizadas ao Castelo de Soutomaior

A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo deputado de Turismo, Santos Héctor, polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, así como por un grupo guiado de persoas que esgotou en horas as prazas dispoñibles, asistiu o sábado, 23 de febreiro, á primeira visita caracterizada do Castelo de Soutomaior, «Camelia e moda» que contou coa participación de tres guías oficiais caracterizadas de Coco Chanel, María Vinyals e Emilia Pardo Bazán.

A Deputación reabre o martes o Castelo de Soutomaior nunha gran gala

A Deputación de Pontevedra reabre este martes, 15 de maio, o castelo de Soutomaior “cunha gran gala repleta de música e moitas sorpresas”, tal e como avanzou a presidenta provincial Carmela Silva, á que asistirá boa parte da sociedade da provincia. O evento, que terá lugar a partir das 19.00 horas nos xardíns deste Ben de Interese Cultural, servirá para presentar publicamente o vangardista proxecto de musealización que vén de rematar a institución provincial no castelo cunha gran repercusión nacional e internacional.

A choiva obriga ao aprazamento da inauguración do «novo» Castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra decidiu aprazar o acto de inauguración da musealización do castelo de Soutomaior, previsto para este venres ás 19 horas, para o vindeiro martes, 15 de maio, á mesma hora. O motivo deste aprazamento débese á chegada prevista para mañá dunha fronte activa, con chuvia, que dificultaría a posta en marcha da “gala chea de sorpresas” organizada pola institución provincial.

O Castelo de Soutomaior luce unha xa unha nova e "espléndida musealización"

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, e á deputada da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Eva Vilaverde, visitaron esta mañá a nova musealización do Castelo de Soutomaior acompañados de xornalistas e turoperadores da provincia. Silva, que anunciou xornadas de portas abertas para desfrutar durante este mes da actuación realizada, amosouse emocionada polo resultado e por “sacar ao castelo dun uso partidario para convertelo no símbolo do turismo na provincia”.

As visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior, arrancan con todas as prazas cubertas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera e o deputado de Turismo, Santos Héctor, presidiron na tarde de onte a primeira visita teatralizada ao Castelo de Soutomaior deste 2017, unha iniciativa posta en marcha pola institución provincial o pasado ano e que se repite agora cun novo enfoque máis lúdico dirixido a toda a familia, e con todas as entradas esgotadas para esta primeira función.

A Deputación inicia a tala de eucaliptos da finca de Soutomaior

Tal e como tiña anunciado nas últimas semanas a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, hoxe deu comezo a tala dos máis de 300 eucaliptos que se atopan espallados por todo o terreo da finca do Castelo de Soutomaior. Trátase de 333 árbores que, ata hoxe, estaban localizadas nas máis de 25 hectáreas de explotación forestal que integran o complexo, e cuxa retirada foi aprobada polo Goberno provincial por razóns de protección medioambiental e beleza paisaxística.

A Deputación manten o peche do Castelo de Soutomaior por motivos de seguridade

A Deputación de Pontevedra vén de acordar pechar con carácter indefinido o complexo do Castelo de Soutomaior tras os numerosos danos ocasionados polo temporal acontecido durante a pasada fin de semana. Mentres, esta mesma mañá, técnicos da Deputación traballaban no Castelo do Sobroso, en Mondariz, para avaliar os danos sufridos. O venres 3 de febreiro a institución provincial alertou do peche de ámbolos dous recintos pola grave situación climatolóxica.

Suscribirse a este canal RSS