'Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de Marzo' enche Vilavella

O Pazo de Vilavella encheuse, no serán de hoxe, no acto de presentación do libro 'Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de Marzo', unha asistencia masiva que era, ao mesmo tempo, unha clara resposta ao que se cualificou como "veto do alcalde Javier Bas" á que a Deputación puidera presentar este traballo literario nunha das salas baleiras do Multiúsos da Xunqueira. "Non hai posibilidade de poñer portas aos dereitos das persoas a ocupar o espazo público que non é patrimonio de ninguén. Iso fronte a quen cree cando goberna que é seu", aseguou a presidenta Carmela Silva.

O 'Anel Verde' do Miño medra cunha nova actuación na Guarda

O convenio de colaboración asinado hoxe para o acondicionamento da praia do Muíño, na Guarda, porta do espazo natural protexido do Esteiro do río Miño e enmarcada dentro do proxecto Visit Rio Minho, consolida un novo treito do denominado 'Anel Verde' do río transfronteirizo formado por rutas galego-portuguesas, un dos maiores atractivos do sur da provincia. Esta actuación é especialmente importante á hora de recuperar un espazo natural de altísimo valor tanto turístico coma medioambiental.

  • Publicado en A Guarda

'Fame de Experiencias' inicia a súa andaina galega, estatal e internacional

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo esta mañá balance dos resultados acadados en Fitur 2019. “Foi un éxito absoluto, a nosa presentación ateigou de público o auditorio do stand de Galicia e foi a que concentrou ao maior número de persoas de todas as accións promocionais alí organizadas”, informou Silva. Por estes motivos, e debido ás “altas expectativas” das presentacións impulsadas pola Deputación de Pontevedra, a presidenta informou que “empezamos xa a traballar de cara a Fitur 2020”.

Carmela Siva anuncia o inicio da reforma do Castelo do Sobroso en febreiro

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou hoxe en rolda de prensa do inicio das obras de reforma do Castelo de Sobroso, que comezarán no vindeiro mes de febreiro. Tal e como explicou Silva, levaranse a cabo dúas actuacións. Por unha banda, rehabilitarase a antiga cafetería para convertela nun espazo de usos múltiples. Por outra, impulsarase a creación dun 'Xardín do Corpus' que estará situado na entrada principal do castelo.

A Deputación reforza o seu liderado en distintivos 'Q' de calidade turística

“Somos a provincia galega con máis Q de calidade turística, superando o 40% de toda Galicia. Somos unha referencia en España. Para a Deputación é un día de festa porque revalidamos os tres distintivos que xa tiñamos e recibimos outros dous novos para Cangas e Caldas de Reis”. Así se expresou na pasada noite a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, no transcurso do evento da Noite “Q”, organizada en Madrid polo Instituto para a Calidade Turística Española. Unha gala na que tamén participou a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.

A Deputación abre os prazos a unha nova edición dos programas de cohesión social

As novas edicións de 'Depotermal', 'Depo en marcha' e 'En Ruta coa Depo' xa están en marcha, tal e como sinalou esta mañá en rolda de prensa a presidenta da Deputación de Pontevedra. Así, Carmela Silva adiantou que desde a administración provincial xa se remitiron esta mañá cartas aos concellos e entidades sociais da provincia explicándolles o procedemento a seguir para adherirse por medios electrónicos ás novas edicións dos programas de Cohesión Social.

A Deputación encherá Fitur de 'Fame de Experiencias'

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, e ao chef Pepe Solla, deron a coñecer esta mañá as liñas mestras de 'Fame de Experiencias', a campaña turística que este ano promoverá a provincia de Pontevedra e terá como pistoletazo de saída a Feira Internacional de Turismo, Fitur, en Madrid.

Suscribirse a este canal RSS