A Guarda pecha importantes contactos na FairWay 2019

O Concello da Guarda participou ao longo das xornadas do luns e martes no maior foro sobre os Camiños de Santiago, a FairWay celebrada no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Despois da visita Famtrip ao Castro de Santa Trega do pasado xoves día 7 de febreiro, a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes e a Técnico de Turismo, Rosalía Verde, participaron en numerosas reunións con representantes de empresas e institucións de cara a promover iniciativas sobre o Camiño Portugués da Costa.

  • Publicado en A Guarda

O Camiño Portugués da Costa obxecto dunha 'FamTrip'

O pasado xoves día 7 de febreiro un grupo de representantes de axencias de viaxes, tour operadores e periodistas especializados nos Camiños de Santiago visitaron o Castro de Santa Trega na Guarda dentro dunha Famtrip enmarcada na celebración da terceira edición da Feira Fairway, que arranca xa este luns en Santiago de Compostela.

  • Publicado en A Guarda

En só dous anos o Camiño Portugués da Cosa quintuplicou o número de peregrinos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañados polo alcalde de Baiona, Ángel Rodal Almuíña e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, realizaron esta mañá unha andaina polo Camiño Portugués da Costa promovida por este concello pontevedrés coa que conmemoraron o segundo aniversario do recoñecemento oficial desde itinerario xacobeo, que se fixo efectivo coa entrada en vigor da Lei do patrimonio cultural de Galicia en agosto do ano 2016.

  • Publicado en Baiona

Notable incremento dos peregrinos que realizan o Camiño Portugués pola Costa

O Camiño Portugués da Costa non deixa de crecer en número de peregrinos. A estampa dos peregrinos percorrendo o pobo e os seus lugares emblemáticos, constitúe xa unha imaxe máis do día a día da Guarda e a súa contorna. Moitos destes peregrinos realizan o seu traxecto en grupos, outros sós, a pé, en bicicleta ou mesmo en burro. Adoitan continuar o seu camiño cara O Rosal e Oia tras cruzar o río Miño, mentres outros escollen o albergue guardés ou algúns dos establecementos hoteleiros da vila para pasar a noite.

Baiona volve a apostar polos «Xoves no Camiño»

Tras o éxito de participación acadado o pasado ano, a Concellería de Turismo do Concello de Baiona volveu a apostar este ano pola iniciativa denominada “Xoves no Camiño”, un percorrido guiado para dar a coñecer o Camiño Portugués pola Costa ao seu paso polo municipio. A primeira ruta arrancará o xoves 19 de xullo e, a partir desa data, desenvolverase todos os xoves ata o 30 de agosto. O punto de partida desta actividade, totalmente gratuíta, será a Oficina de Turismo ás 10 horas.

  • Publicado en Baiona

Baiona participa na gúia de peregrinos británicos no Camiño pola Costa

 O editor e escritor británico, Johnnie Walker, especializado na ruta xacobea e un dos escritores de guías xacobeas máis importantes en lingua inglesa, visitou nos últimos días a Real Vila para ultimar os detalles da nova guía para peregrinos británicos que está a escribir sobre o  Camiño Portugués pola Costa. O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, será o encargado de prologar a nova guía en edición en lingua inglesa do Camiño pola Costa. Así solicitouno formalmente o escritor escocés de referencia para os peregrinos das rutas Xacobeas procedentes da Gran Bretaña.


A xuntanza co rexedor baionés tivo lugar na Casa do Concello e tamén estiveron presentes a concelleira de Turismo, Beatriz González, e o seu compatriota Mark Auchincloss, residente en Baiona dende hai anos. O editor avanzoulles aos representantes municipais a publicación dunha nova guía en lingua inglesa. “Baiona fixo unha labor moi importante para mellorar e promover o Camiño pola Costa e estou seguro de que nos vindeiros anos haberá un incremento de peregrinos moi significativos”, explicou Walker.

Para o escritor, os principais atractivos da ruta para os camiñantes ingleses radican no feito de que hai menos asfalto, “a paisaxe é incrible” e a sinalización moi boa. “A existencia do faro de Cabo Silleiro e da Fortaleza de Monte Real son claves para que prefiran desviarse do camiño orixinal e realizar a ruta costeira e entrar en Baiona pola estrada principal”, engadiu. Pola súa banda, o alcalde destacou o incremento de peregrinos dende que o Camiño pola Costa foi declarado oficial. “Fixemos moitos esforzos no últimos meses para atraer a máis visitantes, como a nova Oficina de Turismo e a mellora da sinalización con mouteiras, e nótase un aumento importante de camiñantes que elixen pasar por Baiona”, sinalou Rodal. A ciclo-vía, os albergues e a accesibilidades foron outros dos temas tratados na reunión.

“Case podemos tocar o océano”
Na nova guía de Johnnie Walker recóllese a entrada do Camiño pola Costa dende Portugal. O escritor percorreu durante as últimas semanas o tramo que vai dende Oporto ata Redondela, cruzando o Miño en ferry e atravesando os municipios da Guarda e Oia ata entrar en Baiona e quedar marabillado polas súas vistas. Nas súas redes sociais, o editor foi narrando en primeira persoa a súa ruta e as súas sensacións.“Camiñamos tan preto do océano que case puidemos tocalo. Sentir a sal no aire e o son das olas rompendo nos acompañaron ata o final. Se algunha vez existe unha sección chamada “Wow” nas guías do Camiño de Santiago está aquí. As vistas sen interrupcións foron incriblemente fermosas”.

  • Publicado en Baiona

A Xunta sinaliza o Camiño Portugués da Costa ao seu paso por Rosal

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, xunto ao alcalde do Concello do Rosal, Jesús María Fernández Portela, comprobou esta mañá á colocación das primeiras mouteiras oficiais que sinalizan o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio na zona de Portocelo.

  • Publicado en O Rosal

Nova praza pública en Priegue, Nigrán, dedicada aos peregrinos

As cinco e media da tarde de hoxe sábado sairá da Ponte da Ramallosa unha andaina polo Camiño Portugués da Costa que rematará, ao redor das 20:00 horas na nova praza pública de Priegue, adicada precisamente aos peregrinos. O goberno local quere promover estos dous lugares, na Ramallosa e Priegue, como dous puntos emblemáticos do municipio ao representar o tramo inicial e final do Camiño ao seu paso por Nigrán.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS