A Deputación reforza o seu liderado en distintivos 'Q' de calidade turística

“Somos a provincia galega con máis Q de calidade turística, superando o 40% de toda Galicia. Somos unha referencia en España. Para a Deputación é un día de festa porque revalidamos os tres distintivos que xa tiñamos e recibimos outros dous novos para Cangas e Caldas de Reis”. Así se expresou na pasada noite a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, no transcurso do evento da Noite “Q”, organizada en Madrid polo Instituto para a Calidade Turística Española. Unha gala na que tamén participou a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.

A Guarda renova o Compromiso de Calidade Turística SICTED

O Concello da Guarda ven de recibir a notificación da concesión, un ano máis, do distintivo do Plan de Calidade SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos), distintivo que busca o obxectivo común para todos os que forman parte do destino turístico “Provincia de Pontevedra-Rías Baixas”, de crear un destino de calidade para ser competitivo e estar á altura dos principais destinos turísticos. A renovación deste distintivo entregarase no transcurso da Gala de Turismo que se celebrará no vindeiro mes de marzo.

  • Publicado en A Guarda

Baiona supera as corenta empresas e servizos co distintivo de calidade turística SICTED

Baiona consolídase como destino de calidade superando os 40 servizos e empresas do sector turístico recoñecidas co distintivo SICTED, un proxecto promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Esta iniciativa ten como obxectivo incrementar a experiencia e satisfacción dos turistas e visitantes, ademais de axudar ás empresas e servizos a perfeccionar os seus procesos de forma continua. Este ano no municipio incorporáronse 6 firmas ao SICTED.

  • Publicado en Baiona

Trinta e cinco establecementos de Baiona revalidan o seu compromiso de calidade turística

A Concelleira de Turismo, Beatriz González, entregou as placas distintivas do Sistema Integral de Calidade Turística Española a Destinos (Sicted), a cinco establecementos de Baiona (Mesón Fonte de Zeta, Mesón Xamonaría Fidalgo, Bibendum, Hotel Tres Carabelas e Viaxes Val Miñor) que renovan o seu compromiso coa calidade para os vindeiros 2 anos. Ademais, outras trinta empresas e servizos do municipio superaron a avaliación de seguimento que lles permite manter o distintivo que conseguiron o ano anterior.

  • Publicado en Baiona

«Q» de calidade para a oficina de Turismo da Deputación en Peinador

A presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer a consecución dun novo distintivo de calidade para as oficinas de Turismo Rías Baixas. Neste caso, o Instituto para a Calidade Turística Española vén de conceder a «Q» de calidade á oficina de turismo do Aeroporto de Peinador, xestionada polo organismo provincial, así como de renovar os que xa se tiñan acadado para as oficinas do Palacete das Mendoza e do Mosteiro de Armenteira.

'Arabo' recibe o recoñecemento de 'Compromiso de Calidade Turística'

O Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea de Arbo, 'Arabo' vén de obter o diploma de recoñecemento ao Compromiso para a mellora da Continuidade da Calidade, recoñecemento outorgado pola Secretaría de Estado de Turismo no marco do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED).

  • Publicado en Arbo

A Barbeira, en Baiona, entre as 25 mellores praias de España

TripAdvisor-Niumba, unha das maiores webs de viaxes do mundo realizou unha selección das 25 mellores praias de España en base á súa popularidade e interese turístico, e entre elas atópase a praia da Barbeira, un areal integrado no propio núcleo urbano da vila mariñeira de Baiona, aos pés das murallas que rodean a península de Monterreal ou Monte do Boi, onde se sitúan o Parador de Turismo e o Monterreal Club de Iates, fronte aos portos pesqueiro e deportivo.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS