Nova rolda de entrevistas para a segunda parte do documental 'Memorias de Oia'

O Concello de Oia comeza unha nova rolda de entrevistas a persoas maiores de municipio para elaborar a segunda parte do documental 'Memorias de Oia', unha recompilación de vivencias e experiencias sobre a historia recente do municipio contadas pola propia veciñanza. A iniciativa consiste en localizar e entrevistar a veciños e veciñas maiores para gravalos en vídeo e así reunir as súas testemuñas orais sobre como era a vida nos seus tempos mozos: os traballos e oficios, as dificultades do día a día, as festas, costumes e tradicións, así como anécdotas e outros datos de interese.

  • Publicado en Oia

Mañá arranca Play-Doc 2016

A undécima edición de Play-Doc Festival Internacional de Documentais dá comezo mañá na cidade de Tui coa proxección de The Blues According to Lightin' Hopkins, un dos máis celebrados filmes musicais de Les Blank, o grande trobador do cinema de non ficción. Retrato do magnífico bluesman do título, a obra destila a paixón polas raíces sonoras do folque americano que caracterizan a obra de Blank.

  • Publicado en Tui

O mércores arranca en Tui a edición "máis diversa e ambiciosa" do Play-Doc

O próximo mércores, 13 de abril, comeza o Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, que no acto de presentación foi cualificado como "o máis diverso en ambicioso" de todos cantos se celebraron ata agora. Dende o mércores 13 de abril ata o domingo 17 Play-Doc proxectará un total de 45 filmes xunto a outras actividades paralelas coma concertos, clases maxistrais, debates,...

  • Publicado en Tui

Play-Doc recibe, para a selección previa, máis de 500 obras de 85 países

Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, pechou a pasada semana o seu plazo para presentar obras. Responderon a esta chamada máis de 500 cineastas de 85 países de todo o mundo, especialmente de Europa e América en grandes números, e en menor medida propostas de Asia, África e Oceanía. Play-Doc caracterízase por contar en cada edición cunha sección competitiva diversa, que integra títulos de varias procedencias e estilos, sempre no ámbito do documental de autor máis vangardista e arriscado.

  • Publicado en Tui
Suscribirse a este canal RSS