A Guarda incrementa os efectivos da Policía Local

A Guarda ven de publicar a Oferta de Emprego Pública 2019 na que se inclúen 3 Policías Locais e un oficial de Policía local, 4 novos efectivos que formarán parte dos efectivos fixos deste corpo de seguridade para suplir as baixas e reforzar o cadro de persoal existente. Do mesmo, segun anunciou o Concello, teñense solicitado e aprobado na AGASP (Academia Galega da Seguridade Pública) 6 auxiliares de Policía Local que se incorporarán ao longo do ano como reforzo, coincidindo en activo a totalidade dos mesmos durante os meses de xullo e agosto.

A Guarda contará cun operativo ampliado de seguridade cidadá

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba comprometeu hoxe un operativo ampliado de seguridade cidadán para a localidade de A Guarda tras os roubos acontecidos nos últimos días. Larriba mantivo unha xuntanza co alcalde, Antonio Lomba, na que este mostrou a inquedanza que existe entre a veciñanza da súa localidade polos últimos roubos acontecidos na vila.

A Guarda recibe tres selos SICTED na III Gala Anual de Turismo Rías Baixas

O pasado martes día 12 de marzo celebrouse na cidade olívica a terceira edición da Gala Anual de Turismo Rías Baixas, evento no que se realiza un recoñecemento ao turismo da provincia coa entrega dos certificados SICTED, o distintivo que premia a excelencia e a profesionalidade de empresas e servizos turísticos.

A Guarda reclama un acceso sur ao Porto da Guarda

O pasado mércores día 6 de marzo de 2019 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse en Santiago de Compostela coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, para trasladarlles novamente a necesidade dunha infraestrutura que de acceso e saída ao Porto da Guarda. Nesta reunión o primeiro edil guardés indicoulles que na actualidade, grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, xa se conta cun proxecto para esta infraestrutura.

Ardán realizará un estudo específico do sector agro do Baixo Miño

Nunha reunión mantida coas alcaldesas do Rosal e de Tomiño e o alcalde da Guarda, co delegado de Zona Franca, Regades comprometeuse a colaborar co sector agrícola do Baixo Miño xa que “temos que considerar a este sector primario como un sector empresarial de gran importancia para Galicia pola súa gran capacidade de xerar negocio e, o que é máis importante, pola súa capacidade de fixar poboación e coidar do territorio”

A «Casa dos Alonsos», nova Casa do Concello da Guarda

A Guarda inaugurou este venres día 22 de febreiro de 2019 a nova Casa do Concello na “Casa dos Alonsos”, lugar no que se atopan as dependencias municipais dende finais de 2018. O acto de inauguración, celebrouse na Praza do Reló, contando coa asistencia da Subdelegada do Goberno, Maica Larriba García; da Directora Xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias Núñez; da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego; do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e da corporación local.

  • Publicado en A Guarda

A Guarda homenaxea aos seus deportistas na XII Gala do Deporte

O pasado venres día 15 de febreiro o Centro Cultural da Guarda foi o escenario para a celebración da gran festa do deporte guardés coa XII edición da Gala do Deporte, evento que estivo presentado polo xornalista Terio Carrera. Nesta Gala, recoñecéronse os diferentes logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas da Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.

  • Publicado en A Guarda

O 'Anel Verde' do Miño medra cunha nova actuación na Guarda

O convenio de colaboración asinado hoxe para o acondicionamento da praia do Muíño, na Guarda, porta do espazo natural protexido do Esteiro do río Miño e enmarcada dentro do proxecto Visit Rio Minho, consolida un novo treito do denominado 'Anel Verde' do río transfronteirizo formado por rutas galego-portuguesas, un dos maiores atractivos do sur da provincia. Esta actuación é especialmente importante á hora de recuperar un espazo natural de altísimo valor tanto turístico coma medioambiental.

  • Publicado en A Guarda
Suscribirse a este canal RSS