O papel actual da muller, a debate no Porriño

Leire Pajín, exministra de Sanidade e Igualdade; Carmen Avendaño, presidenta da Fundación Erguete e Carla Reyes, presidenta da asociación Executivas Galicia, compartirán o vindeiro martes 12 en Porriño un interesantísimo debate sobre o papel actual das mulleres. A cita será as 19:30 h no Centro Cultural Municipal e forma parte da programación «As Mulleres fan Porriño», iniciativa promovida polo Concello co gallo do 8M.

Eva García de la Torre: "As mulleres estamos ante un 'tempo de excepción'"

“Estamos en tempo de excepción: se nos chaman feminazis por defender os nosos dereitos, pois a moita honra por que as mulleres queremos é facer as cousas do mesmo xeito que os homes”, dixo Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño no acto institucional do 8M celebrado hoxe nesta vila. “Vimos de ver o que ten pasado en Andalucia: a ameaza de partidos que pretenden arrebatarnos dereitos que creíamos ter gañado para sempre; por eso digo que estamos en tempo de excepción” manifestou a rexedora local.

Manifesto do 8M de Deputación de Pontevedra: «O futuro é con nós»

Virginia Woolf dixo hai anos: “Non hai barreira, pechadura nin ferrollo que poida impoñer a liberdade da miña mente”. É precisamente esa liberdade, que todas recoñecemos como propia, a que nos fai saír de novo á rúa neste 8 de Marzo, xuntas, unidas, fortes e poderosas, para reclamar que o noso sentir diario acabe por converterse nunha liberdade real, unha liberdade plena e igualitaria.

«Mulleres en poder, mulleres empoderadas» campaña da Cruz Vermella da Mocidade

O 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, é unha oportunidade para lembrar a necesidade de poñer en marcha, canto antes, cambios transformadores, enfoques integrados e novas solucións que rompan as barreiras estruturais que impiden alcanzar unha igualdade real entre mulleres e homes. Neste sentido, «Mulleres en poder, mulleres empoderadas» é o lema escollido pola nova campaña de Cruz Vermella Mocidade.

Carmela Silva: "O machismo négalle ás mulleres o dereito a ser"

“Cando descubrín o feminismo dinme conta que non me ían poder parar, porque tiña un arma que non facía dano, que non mataba, a arma do pensamento feminista”. Carmela Silva fixo unha defensa férrea da importancia do feminismo para a sociedade nun coloquio organizado pola Agrupación Socialista de Baiona. “De nena dicíanme que non preguntase tanto, que non falase tanto, que non me sentase no centro... Pronto entendín que era por ser muller”, contou a presidenta da Deputación de Pontevedra ante un salón ateigado de veciñas e veciños da vila.

  • Publicado en Baiona

'Ramonas on Tour', o feminismo a través do rock

“Un proxecto extraordinario, revolucionario, potente e intelixente para reivindicar a necesidade de reconstruír un mundo que non conta connosco. As mulleres estarán á fronte, nun espazo libre de agresións e de abusos”. Así definiu a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o espectáculo ‘Ramonas on tour’. Trátase dunha das principais actividades, xa programada e de interese xeral, incluídas na axenda cultural que a institución provincial puxo en marcha ao abeiro da folga feminista do 8 de marzo.

Redondela presentou o programa de actividades para o 8M

O Concello de Redondela presentou na mañá de hoxe a programación que desenvolverá con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o vindeiro 8 de marzo e que foi presentada polo alcalde de Redondela, Javier Bas; a Concelleira de Cultura, Teresa París e o concelleiro de Deportes, Julio Mougán e Noite Fernández, do Club de Atletismo de Redondela (CAR).

'Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de Marzo' enche Vilavella

O Pazo de Vilavella encheuse, no serán de hoxe, no acto de presentación do libro 'Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de Marzo', unha asistencia masiva que era, ao mesmo tempo, unha clara resposta ao que se cualificou como "veto do alcalde Javier Bas" á que a Deputación puidera presentar este traballo literario nunha das salas baleiras do Multiúsos da Xunqueira. "Non hai posibilidade de poñer portas aos dereitos das persoas a ocupar o espazo público que non é patrimonio de ninguén. Iso fronte a quen cree cando goberna que é seu", aseguou a presidenta Carmela Silva.

Suscribirse a este canal RSS