A Deputación achega 271.000 euros a Ponteareas para a contratación de 43 persoas

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, aprobou o pasado venres a última achega da Liña 3 de Emprego do Plan Concellos 2019 para o concello de Ponteareas, que recibe 271.397,24 euros polos que vai contratar 43 traballadoras e traballadores municipais. Así, a institución provincial pecha a Liña 3 do Plan Concellos 2019, dotada con máis de 9 millóns de € e pola que os concellos da provincia poden contratar un total de 954 traballadoras e traballadores municipais.

A 'Guía de espazos públicos e mobilidade amable' da Deputación, "modelo exportable"

A Deputación de Pontevedra deixou hoxe pegada nos máis de medio milleiro de participantes do V Encontro de Cidades organizado pola Dirección Xeral de Tráfico e a FEMP en Málaga para falar dunha ‘Nova mobilidade urbana’. Alí, o deputado Uxío Benítez entregou a ‘Guía de espazos públicos e mobilidade amable’ realiza pola institución provincial ao director xeral da DXT Pere Navarro, e explicou o traballo realizado na provincia de Pontevedra para dar prioridade ás persoas nas vías provinciais e nos espazos públicos ante unha audiencia que aplaudiu o modelo pontevedrés.

A Escola de Cantería, na II Feira das ensinanzas profesionais e artísticas de Ponteareas

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra está a ser unha das protagonistas da segunda edición da Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas, que remata hoxe na vila do Condado. Ao longo destes dous días, no complexo deportivo Álvaro Pino, a veciñanza e mocidade de Ponteareas e da comarca vén de coñecer a oferta formativa deste centro da institución provincial.

O Centro Penitenciario da Lama acolle un obradoiro da Escola de Cantería

13 internos e 2 internas do Centro Penitenciario da Lama comezaron onte luns un novo taller formativo da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. A Presidenta Carmela Silva asistiu á inauguración da acción, que baixo o título de ‘Elaboración de obras en pedra natural’ terá lugar tres días á semana ao longo de seis meses (ata o 4 de agosto) facendo un total de 250 horas.

'Fame de Experiencias' inicia a súa andaina galega, estatal e internacional

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo esta mañá balance dos resultados acadados en Fitur 2019. “Foi un éxito absoluto, a nosa presentación ateigou de público o auditorio do stand de Galicia e foi a que concentrou ao maior número de persoas de todas as accións promocionais alí organizadas”, informou Silva. Por estes motivos, e debido ás “altas expectativas” das presentacións impulsadas pola Deputación de Pontevedra, a presidenta informou que “empezamos xa a traballar de cara a Fitur 2020”.

A Deputación reforza o seu liderado en distintivos 'Q' de calidade turística

“Somos a provincia galega con máis Q de calidade turística, superando o 40% de toda Galicia. Somos unha referencia en España. Para a Deputación é un día de festa porque revalidamos os tres distintivos que xa tiñamos e recibimos outros dous novos para Cangas e Caldas de Reis”. Así se expresou na pasada noite a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, no transcurso do evento da Noite “Q”, organizada en Madrid polo Instituto para a Calidade Turística Española. Unha gala na que tamén participou a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.

Preto de 2,5 millóns para oito concellos a través do Plan Concellos 2019

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar novos investimentos nun total de oito municipios da provincia no marco da liña 1 do Plan Concellos. Trátase dun total de dez partidas por un total de 2.393.963,5 euros para diversas actuacións en oito municipios da provincia entre os que se atopan As Neves e Salceda de Caselas, amais da Estrada, Marín, Barro, Caldas de Reis e Moaña.

Suscribirse a este canal RSS