Redondela

‘Redondela VIII’ incrementará as oportunidade laborais de 100 persoas desempregadas

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou hoxe en Redondela aos alumnos e alumnas que están a formarse no Programa Integrado de Emprego (PIE) Redondela VIII, unha iniciativa cun ano de duración e cun obxectivo de inserción laboral que supera o 40 %. A Consellería de Economía, Emprego e Industria financia ao 80 % esta iniciativa, a través dunha axuda de 208.000 euros.

'Oito olladas sobre a folga feminista do 8-M', o xoves no Pazo de Vilavella

A xira de presentación da publicación 'Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo', editada por Galaxia e froito da iniciativa da Deputación de Pontevedra, chega este xoves, 7 de febreiro, ás 20.00 horas a Redondela. Tralo aprazamento do acto unha semana para evitar a súa coincidencia co pleno municipal e trala negativa do alcalde da vila, Javier Bas, a ceder un espazo no Multiusos de Redondela para acoller esta presentación, a Deputación de Pontevedra dará a coñecer a publicación no Pazo de Vilavella.

O Goberno redondelán nega o Multiusos á exposición sobre a folga femnista do 8-M

O goberno da Deputación de Pontevedra lamentou hoxe “o sectarismo do Partido Popular de Redondela e do seu alcalde Javier Bas“ que hoxe comunicou por sorpresa a súa negativa a que, tal e como estaba anunciado e confirmado polo concello, o Multiusos da vila acolla o próximo xoves a presentación do libro 'Oito Olladas da Folga Feminista do 8-M', dentro da xira que as súas oito autoras están a realizar pola provincia con gran afluencia e interese do público nos concellos nos que se está a realizar o evento.

Libros e cultura, nos centros de beleza de Redondela

'A beleza das letras', é a nova campaña de lectura promovida polo Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Redondela, unha iniciativa que fará que os libros dedicados ás parroquias de Redondela estean presentes nos centros de beleza e estética de todo o municipio. 

Digna Rivas propón, para Redondela, unha política cultural “estable, planificada e seria”

Digna Rivas, candidata do PSdeG á alcaldía de Redondela reuniuse, nas últimas datas, coa asociación ‘Xente Titiriteira’, organizadores do Festival Internacional de Títeres de Redondela, reunión que forma parte das que a candidata socialista está a manter con asociacións e colectivos vinculados ao eido cultural. Digna Rivas subliñou o traballo que realiza ‘Xente Titiriteira’ “que foron quen de facer que o Festival Internacional de Títeres de Redondela sexa un referente non só en Galicia e no resto do Estado, senón a nivel internacional”.

Digna Rivas gaba o Plan Concellos que permitirá contratar 23 persoas no Concello redondelán

A deputada provincial, Digna Rivas, manifestou que o Concello de Redondela pode contratar este ano a 23 persoas grazas á financiación da Deputación de Pontevedra, quen destina máis de 270.000 euros para esta actuación no marco do Plan Concellos 2019. “Se non fose polas achegas esenciais da institución provincial, Redondela non podería facer fronte á contratación de persoal para desempeñar traballos básicos no Concello”, asegurou a deputada.

Suscribirse a este canal RSS