O parque Eduardo Blanco Amor de Redondela entra en funcionamento

Desde este xoves a veciñanza de Redondela pode gozar xa do parque 'Eduardo Blanco Amor', situado no Salgueiral, en Redondela. As instalacións infantís contan cun panel de debuxos do autor David Rodríguez, contando cunha versión para adultos e outra para as crianzas.

A escolla de Blanco Amor débese á relación que Redondela mantén con este autor dende hai anos cando convocou, por vez primeira, o premio de novela que leva o seu nome e hoxe é un dos certames máis importantes de Galicia.

parque eduardo blanco amor 01

Este será o primeiro doutros parques adicados a persoeiros da cultura galega. Con esta iniciativa, promovida polo Servizo de Normalización Lingüística, procúrase socializar nomes de persoas que teñen traballado a prol da cultura e lingua de Galicia. É unha maneira de recoñecer publicamente a súa dedicación e tarefa.