Redondela

Redondela acolle 'Contacontos de Nadal con Irene a destemida'

A Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela acollerá, o venres 21 de decembro ás 18:00 horas, un contacontos de Nadal que correrá a cargo de Olga Cuervo. Baixo o título 'Contacontos de Nadal con Irene a destemida', convídase aos nenos, desde os 4 anos, a gozar coas peripecias de Irene, unha nena moi valente, e con outros personaxes nados das historias de William Steig, un dos grandes nomes da literatura infantil.

Mellora da seguridade viaria en Redondela coa nova pasarela da Ponte de San Xulián

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou onte en Redondela que a nova pasarela da ponte de San Xulián "permite pechar un itinerario peonil continuo" no treito urbano desta vila que, ademais de favorecer o desprazamento máis cómodo e seguro dos veciños, pon en valor o espazo no que se atopa un elemento patrimonial de grande interese, como é o Peto das Ánimas.

A Biblioteca de Chapela levará o nome da poetisa e tradutora Xela Arias

O Pleno do Concello de Redondela acordou, por unanimidade, aprobar a proposta de nomear á biblioteca de Chapela co nome da poetisa e tradutora luguesa Xela Arias. A proposta foi promovida dende a biblioteca do Instituto de Chapela, onde Xela Arias foi profesora. A concelleira de Cultura do Concello de Redondela, Teresa París, expuxo a proposta, levada previamente a Comisión, para nomear a esta biblioteca que forma parte das Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela que teñen como central á Biblioteca «P. M. Valle-Inclán».

O Multiúsos da Xunqueira acolle o contacontos «A bolboreta Roseta»

Este próximo venres, día 14 de decembro, o Auditorio do Multiúsos da Xunqueira de Redoncela acollerá o contacontos «A bolboreta Roseta», actividade que forma parte dunha programación especial de Nadal "pensada especialmente para os máis pequenos e pequenas da casa". O recoñecemento de Redondela por parte da UNICEF como Cidade Amiga da Infancia, fai que se preste unha especial atención a poboación infantil no programa.

Redondela acolle «Bailemos todos polos peques en Galego» a favor de UNICEF

O Pavillón Multiusos de Redondela (Vigo) acollerá, o vindeiro sábado 15 de decembro a partir das 17:30 horas, a «I Exhibición Solidaria Bailemos todos polos peques en Galego», que a Asociación Piyopi Animación organiza para a campaña Pingas para Níxer de UNICEF Comité Español. Pingas para Níxer ten como obxectivo impulsar o cumprimento dos dereitos da infancia en Níxer, mediante programas que logren que os nenos e nenas teñan acceso á saúde, a educación, a igualdade e a protección.

Cedeira pecha 'Cociña e alimentación, hábitos saudables' do programa 'Conectadas'

A Deputada Provincial de Cohesión Social e Xuventude,Digna Rivas, entregou os correspondentes diplomas aos veciños e veciñas de Cedeira, en Redondela, que participaron no obradoiro 'Cociña e alimentación, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que tiña como finalidade a promoción e desenvolvemento da igualdade. Nestas actividades formativas participan tanto homes coma mulleres co obxectivo de promover o traballo en igualdade.

Suscribirse a este canal RSS