Campamentos de conciliación, tren turístico gratuíto, obradoiros e música no Nadal de Salvaterra

O concello de Salvaterra de Miño desenvolverá, durante todo o mes de decembro e primeiros días do 2019, un programa de Nadal cheo de actividades nos que, como sinalaba a concelleira de Cultura e tenente de alcalde do Concello de Salvatera, Marta Valcárcel, "os máis cativos da casa serán o eixo central" aínda que, puntualiza, "sen olvidarse dos non tan nenos".

As familias, neste programa de Nadal, poderán beneficiarse do programa de Concilación que, este ano, reforzase e que se desenvolverá do 24 de decembro ao 4 de xaneiro, unha iniciativa fundamental para que as nais e pais poidan conciliar a vida laboral e familiar no tempo de vacacións escolares dos seus fillos e fillas. O horario será de 9:00 h a 14:00 h.

Os obradoiros cobran tamén importancia neste programa de Nadal e dentro deste tipo de iniciativas, está aberto o prazo para os talleres para adultos de coroas de nadal e outro para adornos do nadal. Doutra banda, o tecido asociativo de Salvaterra de Miño non permanece ao marxe deste Nadal 2018 e, como xa é tradicional, entidades culturais como Pontenova, Lacedurium, a Banda de Música de Salvaterra, o coro parroquial de San Lorenzo e a Coral Cantamos organizan os seus concentos de Nadal.

Cine, música, deporte, actividades Infantís, papanoelada en moto, baile, Coliño Bailongo... teñen un espacio moi especial nesta programación, pero como todos os anos o plato forte é a Chegada de Papa Noel polo río Miño, e por outro lado, a Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro.

O día 24 de decembro Papa Noel chega polo Río Miño ao embarcadoiro de Salvaterra, alí será recollido polo Tren «Chu -Chu» e fará un percorrido polas rúas do centro, rematando na praza do Concello onde recibirá a todos os nenos e nenas. Durante todo o día, 24 de decembro, o tren percorrerá as rúas da vila, de forma gratuíta, para que todos aqueles que queiran poidan gozar dun fermoso paseo en horario de 10:00 h a 14:00 h e 16:00 h a 20.00 h.

Xa no mes de xaneiro, o día 5 as Súas Maxestades de Oriente chegarán a Salvaterra a partires das 16:00 h e o farán pola Ponte Internacional. Logo de percorrer as rúas, recibirán aos máis cativos na Praza do Concello,

O Nadal de Salvaterra promete moita maxia e ilusión. Marta Valcárcel invita "a todos e todas a achegarse a partir do 5 de decembro á Praza do Concello e gozar dunha decoración moi especial, realizada en colaboración entre o Concello e o alumnado de Carpintería do IES Salvaterra, que busca dar un toque de color a este Nadal".