Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño comeza cos preparativos do Nadal

O Concello de Salvaterra de Miño vén de comezar os preparativos do Nadal, segundo informou hoxe a concelleira de Cultura e tenente de alcalde, Marta Valcárcel. O acendido do alumeado de Nadal, que terá lugar o vindeiro 1 de decembro, marcará o inicio dunha programación "ampla e variada enfocada aos cativos" e, adiantaba a concelleira, "unha sorpresa moi pero que moi especial para eles, que se fará en colaboración co alumnado de Carpintería do IES Salvaterra, e se incorporará á decoración da Praza do Concello a partires do día 5 de decembro".

Salvarerra de Miño amosa o seu rexeitamento á violencia machista

O 23 de novembro foi a data elixida en Salvaterra de Miño para celebrar os actos en torno ao 25, día Internacional contra a Violencia de Xénero. A mañá arrancou cou entrega de premios do concurso de slogans contra a violencia de xénero organizado polo Concello en colaboración co IES. Despois leuse un manifestó e gardouse un minuto de silencio polas vítimas. 

Salvaterra comeza a conta atrás para a «IV Festa do Viño Espumoso»

O Concello de Salvaterra de Miño presentou, un ano máis, a súa programación para a Festa do Viño Espumoso que terá lugar os días 1 e 2 de decembro, unha celebración singular, cun especial encanto, coa que o municipio fronteirizo da a benvida ás festas do Nadal. Gastronomía, cultura, música e o protagonismo dus excelentes espumosos, fan desta festa unha celebración única.

Salvaterra tínguese de negro contra a Violencia de Xénero

O Concello de Salvaterra de Miño únese, un ano máis e xunto a un cento de municipios galegos, á campaña en «Negro contra a Violencia de Xénero». O Goberno local fixo tamén un chamamento á veciñanza, comercio e empresariado, a unirse tamén a esta campaña de rexeitamento á violencia machista "vestíndose de negro, tendendo roupa negra nos tendais, panos negros nos balcóns e tinguindo os escaparates en negro".

Lazoiro celebra os 50 anos da S.D. Salvaterra cunha exposición

A Asociación Lazoiro segue amosando a súa capacidade de achegar á veciñanza, todo aquilo que teña que ver coa historia de Salvaterra de Miño de cara a manter, preservar e difundir o patrimonio histórico e cultural do municipio. Logo das exposicións «Memoria de Salvaterra», «A Nosa Memoria» e «Xentes da Raia», que tiveron lugar nas Covas de Dona Urraca, Lazoiro acomete agora unha exposición sobre a «Historia do Fútbol de Salvaterra» celebrando, así, os 50 anos da Sociedade Deportiva Salvaterra.

Suscribirse a este canal RSS