ponteareas

Ponteareas

Ponteareas quedará sen Rexistro Civil

O BNG de Ponteareas vén de acusar ao Alcalde, Salvador González Solla, de non facer absolutamente nada e aplaudir as decisións do goberno de Rajoy que prexudican gravemente a Ponteareas. Os nacionalistas fan referencia ao feito de que o municipio do Tea perderá o Rexistro Civil a partir do 15 de xullo, unha vez que entre en vigor a reforma legal aprobada polo goberno do PP que preside Mariano Rajoy.

Máis de 225.000 euros en humanizacións

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ponteareas, na súa sesión do día 06 de abril de 2015, vén de aprobar a licitación das obras de humanización das rúas Reveriano Soutullo (Tramo II) e Amado Garra (Tramo I), que serán reformadas completamente. As obras a realizar apostan pola creación dun espazo urbano máis adecuado ás necesidades do cidadán, poñendo especial énfase no maior ancho de beirrarúas, o deseño de pasos de peóns máis seguros, a creación de zonas onde se instalarán bancos, árbores, etc, a ordenación das prazas de aparcamento, o coidado de accesos aos garaxes etc. Tamén se contempla a renovación do firme da calzada, levantándose o pavimento existente, así como a execución dun novo, asfáltico, en quente.

O Concello denuncia actos de sabotaxe na iluminación pública

O Concello de Ponteareas denuncia que durante varias semanas se están producindo sabotaxes nos cadros eléctricos do sistema de iluminación pública en diferentes parroquias do municipio, e tamén no casco urbano, detectándose manipulacións nos cadros eléctricos, rotura de portas, roubo de fusibles e material do cadros, así como a desconexión dos mesmos. Dende o Concello pídese a colaboración veciñal, imprescindible para identificar aos autores de ditos actos.

O BNG rexeita a eliminación de paradas de autobús no Condado

A supresión de catro paradas de autobús na liña denominada Ribarteme (San Xosé)-As Neves-Taboexa-Ponteareas vén de espertar a indignación entre os usuarios da liña, moitos deles estudantes que non teñen outro medio de transporte para achegarse a Ponteareas e outros moitos, persoas da terceira idade que utilizan o transporte público para acudir ás citas médicas.

CxG apoia o informe de mínimos de Ponte Solidario

Compromiso asinou o informe de mínimos de PonteSolidario, e apoia a concentración convocada para hoxe, martes 17 ás 19.30 horas diante da Casa do Concello de Ponteareas, anterior ao pleno onde se debaterá a moción presentada polo colectivo. Para a candidata a alcaldía de Ponteareas de CxG, Sandra Araúxo, Ponte Solidario está a realizar unha excelente labor "suplindo a que tería que facer unha administración local totalmente carente de ideas e iniciativas".

Día Internacional da Muller en Ponteareas

O salón de sesións do Concello de Ponteareas acolleu o acto institucional conmemorativo do Día Internacional da Muller coa finalidade de homenaxear e visibilizar a todas as mulleres. No decurso dos actos, a ponteareá Marcelina Guisande Nogueira foi homenaxeada por toda unha vida de traballo, unha homenaxe que se quixo facer extensiva a todas as mulleres.

Suscribirse a este canal RSS