ponteareas

Ponteareas

Sistema de saneamento "desatendido durante décadas" motivo das obras da Avenida de Galicia

O PSOE de Ponteareas acusou onte á portavoz e candidata do PP, Belén Villar, de "crear unha confusión premeditada e electoralista" entre os veciños de Ponteareas a conta da última obra de mellora no sistema de saneamento, concretamente no entronque da Avenida de Galicia coa Rúa Rogelio Groba. A obra, segundo os socialistas ponteareáns, responde á renovación da rede de saneamento "desatendido durante décadas" polos gobernos do PP.

Unha enquisa revela que o 70% dos ponteareáns están satisfeitos coa recollida de lixo

O Concello de Ponteareas vén de publicar os resultados dunha enquisa, realizada entre maio e setembro de 2018 en colaboración coa concesionaria FCC, que revela que o 70 % dos ponteareáns están satisfeitos co servizo de recollida de lixo. Esa cifra, no caso concreto do casco urbano, elévase até o 77 %. A valoración tamén varía en función da proximidade do enquisado a unha illa de reciclaxe que, como é lóxico, a maior cercanía, maior nivel de satisfacción e viceversa.

O PP de Ponteareas reclama unha modificación orzamentaria destinada destinada a Centros Culturais

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas presentou unha moción, para ser tratada no próximo pleno extraordinario que se celebrará o 18 de febreiro ás 20:00 horas, co obxectivo de que o Concello invista en centros culturais de diferentes parroquias. O escrito dos populares insta ao alcalde e ao seu Goberno municipal "a facer modificacións orzamentarias de diversas cantidades. Unha de 150.000 euros para o inicio da rehabilitación da casa adquirida cun préstamo a oito anos da Xunta na parroquia de Pías".

Belén Villar pedirá ao Pleno da Deputación apoio "ás reivindicacións da plataforma da N-120"

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Ponteareas e deputada provincial, Belén Villar, asegurou hoxe que o PP "esgotará todos os mecanismos posibles para evitar o recorte do Goberno estatal" que, no borrador dos Orzamentos do Estado para este exercicio 2019, decidiu facer desaparecer a Variante-Circunvalación de Ponteareas e reducir o investimento para a mellora da seguridade da N-120.

O PSOE de Ponteareas apoia á manifestación contra os recortes sanitarios

O PSdeG-PSOE de Ponteareas e a candidata socialista á alcaldía, Chus Garrote, veñen de anunciar o seu apoio, unha vez máis, á manifestación pola defensa da sanidade pública. A manifestación terá lugar o vindeiro 8 de febreiro ás 19:00 horas en Ponteareas e sairá desde a casa do Concello de Ponteareas. Para os socialistas de Ponteareas esta é unha nova oportunidade “para demostrarlle á Xunta de Galicia e a Feijóo o rexeitamento dos veciños e veciñas á política de recortes e ao desmantelamento da sanidade”.

Manifestación a prol do restablecemento do servizo de pediatría en Mondariz

O vindeiro venres, 8 de febreiro ás 19 horas, Ponteareas acollerá unha manifestación na que veciños e veciñas de  Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo, amais da propia Ponteareas, reclaman o restablecemento do servizo de pediatría en Mondariz (que cubría tamén aos concellos de Mondariz Balneario e Covelo) e que se cubran as baixas dos pediatras. Cómpre lembrar que dende o pasado 7 de novembro, os tres concellos quedaron sen servizo de pediatría derivando aos nenos e nenas ao PAC de Ponteareas, 

Suscribirse a este canal RSS