ponteareas

Aberta a inscricion do curso de primeiros auxilios en persoas maiores da Cruz Vermella

A Cruz Vermella Española celebrará un Curso de Primeiros Auxilios en Persoas Maiores nas súas instalacións da Asemblea Comarcal do Condado, en Ponteareas. O curso, que aínda ten aberta a súa inscrición, desenvolverase durante os días 23 e 30 de Marzo. A acción formativa, que está destinada á poboación en xeral, consta de 10 horas teóricas e prácticas, desenvoltas en máis de 15 temas que levarán a cabo en horario de 9 h. a 14 h.

Os contidos comprenden: características do envellecemento, cadea de supervivencia, pautas xerais de actuación ante unha situación de emerxencia, reanimación cardiopulmonar básica en adultos, posición lateral de seguridade, hemorraxias, queimaduras, feridas, shock, febre, convulsións, o botiquín...

O curso dispón de 20 prazas e a realización do mesmo queda suxeita á cobertura das prazas ofertadas. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 20 de Marzo.

Para todos os que estean interesados ou desexen máis información poden dirixirse á Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Condado, na rúa Virxe da Luz nº 4 de Ponteareas, ao teléfono 986 641 794 ou ao enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.