ponteareas

ACiP denuncia "irregularidades" na contratación do alumeado de Nadal de Ponteareas

Alternativa Ciudadana de Ponteareas asegurou ter constatado "graves irregularidades" na contratación do alumeado de Nadal de Ponteareas. Segundo ACiP, no acordo asinado, a empresa debería dotar de alumado de Nadal á vila entre o 8 de decembro de 2018 e o 6 de xaneiro de 2019. Os independentes aseguran que "moitas das luces instaláronse entre os días 17 e 19, ou mesmo o 21 de decembro" e porén a emprega, agora, pasa unha factura reclamando a totalidade do importe.

Ao entender do portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera, o máis grave é que por parte da Concellería de Comercio decidiuse "recoñecer e asinar" a factura, sendo consciente de que a empresa "non cumpriu co acordado no contrato en canto a prazos" cando, afirma o concelleiro independente, o Goberno local "en ningún caso aplicou penalización algunha, aceptando pagar a cantidade total".

González Carrera pide o "cesamento inmediato" da concelleira de Comercio "por dar o visto e prace a esta factura cando a empresa non cumpriu o establecido no contrato". A factura, nestes momentos, está pendente de pago polo que ACiP entende que "a solución agora será moito máis factible que non despois de realizalo”.