ACiP denuncia "irregularidades" na contratación do alumeado de Nadal de Ponteareas
- | Redacción | Ponteareas
Alternativa Ciudadana de Ponteareas asegurou ter constatado "graves irregularidades" na contratación do alumeado de Nadal de Ponteareas. Segundo ACiP, no acordo asinado, a empresa debería dotar de alumado de Nadal á vila entre o 8 de decembro de 2018 e o 6 de xaneiro de 2019. Os independentes aseguran que "moitas das luces instaláronse entre os días 17 e 19, ou mesmo o 21 de decembro" e porén a emprega, agora, pasa unha factura reclamando a totalidade do importe.
Ao entender do portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera, o máis grave é que por parte da Concellería de Comercio decidiuse "recoñecer e asinar" a factura, sendo consciente de que a empresa "non cumpriu co acordado no contrato en canto a prazos" cando, afirma o concelleiro independente, o Goberno local "en ningún caso aplicou penalización algunha, aceptando pagar a cantidade total".
González Carrera pide o "cesamento inmediato" da concelleira de Comercio "por dar o visto e prace a esta factura cando a empresa non cumpriu o establecido no contrato". A factura, nestes momentos, está pendente de pago polo que ACiP entende que "a solución agora será moito máis factible que non despois de realizalo”.